Planta de produción de xilitol a partir de raquis de millo
Autoría
C.A.C.
Grao en Enxeñaría Química
C.A.C.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
15.09.2025 15:00
15.09.2025 15:00
Resumo
Os raquis de millo introdúcense nun reactor (deseñado por Carlos) onde se hidrolizan mediante unha solución acuosa ácida. A partir de aí, a corrente resultante sepárase nunha fracción líquida que continúa o proceso, e nunha fracción sólida que se envía a unha caldeira de biomasa, onde a súa combustión xerará parte do vapor consumido pola planta. Voltando á corrente principal, esta purifícase, eliminando primeiro o ácido oxálico, que se recicla, e posteriormente outras impurezas. Neste punto, a solución de xilosa introdúcese nun segundo reactor, onde a hidroxenación produce xilitol. Este sométese despois a varias etapas de purificación (evaporación, cristalización, secado) ata acadar as especificacións desexadas. O evaporador é deseñado por Iván.

Dirección
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Titoría)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Secretario/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Vogal)

Evolución de Emobook: seguridade, usabilidade e integración de proveedores de contido multimedia para musicoterapia
Autoría
J.A.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
J.A.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.09.2025 16:30
16.09.2025 16:30
Resumo
A musicoterapia e a terapia de reminiscencia teñen demostrado un impacto positivo no benestar emocional de persoas que se atopan en contextos terapéuticos moi diversos. Emobook é unha aplicación Android que permite crear e visualizar historias de vida para a estimulación da memoria e a expresión emocional a través de contido multimedia personalizado. Este proxecto contribúe á evolución da ferramenta, centrando os seus esforzos na incorporación de melloras que afectan tanto ao deseño técnico e funcional da aplicación como á experiencia terapéutica. Estas melloras buscan consolidar Emobook como unha ferramenta accesible, segura e versátil, adaptable a distintos perfís de usuarios e escenarios terapéuticos. O resultado é unha aplicación máis robusta e enriquecida, mellor preparada para servir como recurso tecnolóxico no acompañamento emocional e na recuperación da memoria autobiográfica.

CATALA BOLOS, ALEJANDRO (Titoría)
CONDORI FERNANDEZ, OLINDA NELLY Cotitoría

Fernández Rivera, Francisco (Presidente/a)
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Secretario/a)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA (Vogal)

Implementación dun Simulador de señais SOME/IP en Sistemas de Antena Intelixente
Autoría
J.M.A.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
J.M.A.F.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.09.2025 17:30
16.09.2025 17:30
Resumo
A migración cara a un novo sistema de conectividade no vehículo, impulsada pola transición ao paradigma do vehículo definido por software (SDV), presenta novos retos para Renault na validación dos sistemas electrónicos do vehículo. Este traballo céntrase no desenvolvemento dun contorno de validación unitaria dentro dun dominio de aplicación específico, co obxectivo de avaliar o comportamento da ECU (Electronic Control Unit) real Smart Antenna (SA) fronte a unha ECU simulada, PCU_PROX_FrontEnd. O obxectivo principal é verificar a correcta implementación e funcionamento dos servizos Scalable Service-Oriented Middleware over IP (SOME/IP), garantindo o cumprimento das especificacións de rede e servizos definidos na norma interna Ethernet Network Design Specification (ENDS). Para iso, deseñouse un contorno de probas xunto cunha ferramenta software capaz de simular secuencias de mensaxes SOME/IP, facilitando unha verificación precisa e reproducible do sistema.

CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS (Titoría)
Míllara Castro, Ana Cotitoría
CABALEIRO DOMINGUEZ, JOSE CARLOS (Titoría)
Míllara Castro, Ana Cotitoría
Tribunal
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Presidente/a)
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Secretario/a)
FELIX LAMAS, PAULO MANUEL (Vogal)

Planta de produción de hidróxeno por reformado de metano
Autoría
S.A.G.
Grao en Enxeñaría Química
S.A.G.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
15.09.2025 15:40
15.09.2025 15:40
Resumo
Este proxecto final de grao ten como obxectivo deseñar unha planta de produción de hidróxeno cunha capacidade de 40.000 toneladas ao ano mediante o proceso de reformado de metano con vapor. O proxecto céntrase no deseño do reactor, que emprega un catalizador de níquel, dirixido pola estudante Laura Lucinda Vásquez Cardozo. Ademais, o proxecto inclúe o deseño dunha columna de absorción, desenvolvida por Sara Arija García. Dado que o metano utilizado xa se subministra desulfurado, non será necesario un paso previo de desulfuración. Este proxecto responde á crecente demanda de hidróxeno en aplicacións industriais como a produción de amoníaco e metanol.

SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Secretario/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Vogal)
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Secretario/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Vogal)
Validación visual automática de biomarcadores mediante a técnica IHC en tecnoloxía farmacéutica
Autoría
I.B.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
I.B.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.09.2025 18:00
16.09.2025 18:00
Resumo
A clasificación da tinción das células tratadas con inmunohistoquímica é un traballo lento e laborioso. Para axilizar a clasificación implementouse unha ferramenta baseada nun enfoque en dúas fases. Emprégase a rede neuronal Cellpose axustada ao dataset deste traballo para segmentar as células das imaxes e, estas delimitacións pásanse a un modelo ResNet de 18 capas modificado para extraer as características e clasificalas en catro tipos distintos de tincións. O resultado de empregar esta ferramenta, pasándolle como argumento un directorio con imaxes, é un único arquivo con todas as células de cada tipo de tinción de todas as imaxes analizadas.

Pardo López, Xosé Manuel (Titoría)
DOSIL LAGO, RAQUEL Cotitoría
DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA Cotitoría
Pardo López, Xosé Manuel (Titoría)
DOSIL LAGO, RAQUEL Cotitoría
DIAZ RODRIGUEZ, PATRICIA Cotitoría
Tribunal
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Presidente/a)
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Secretario/a)
FELIX LAMAS, PAULO MANUEL (Vogal)
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Presidente/a)
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Secretario/a)
FELIX LAMAS, PAULO MANUEL (Vogal)
Planta de produción de tetrahidrotiofeno
Autoría
F.J.C.A.
Grao en Enxeñaría Química
F.J.C.A.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
15.09.2025 16:20
15.09.2025 16:20
Resumo
O proxecto ten como obxetivo a produción de tetrahidrotiofeno a partir de sulfuro de hidroxeno e tetrahidrofuran, esta reacción é conocida como a reacción de Yuryev e por cada mol de tetrahidrotiofeno producido producirase un mol de auga. o obxetivo de produción será satisfacer a demanda nacional de tetrahidrotiofeno como odorizante de gas natural dada a falta de producción dentro do país.

RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Titoría)
RODRIGUEZ MARTINEZ, HECTOR (Titoría)
Tribunal
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Secretario/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Vogal)
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Secretario/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Vogal)
Exploración de catálogos de datos medioambientais de tipo OM
Autoría
A.C.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.C.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.09.2025 17:00
16.09.2025 17:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao aborda o deseño e implementación dun prototipo de explorador web xenérico para a API dun framework de modelado ambiental baseado no estándar Observations and Measurements (OM) do OGC, desenvolvido no grupo de investigación COGRADE da USC. O sistema desenvolvido permite a descuberta, filtrado e visualización de datos de observación e modelado procedentes de servizos externos, empregando un enfoque modular e tecnoloxías web abertas (HTML5, CSS3, JavaScript e Node.js). O prototipo integra catro módulos principais (index, view-map, filter e view) que proporcionan funcionalidades de busca de procesos, aplicación de filtros espaciais e temporais, exploración xerárquica de metadatos e representación xeoespacial de datos en mapas interactivos. O sistema foi validado mediante un conxunto de probas funcionais e integradas, executadas conforme ao modelo incremental definido na fase de desenvolvemento. Os resultados obtidos confirman o cumprimento dos requisitos funcionais e non funcionais establecidos, así como a interoperabilidade con servizos externos baseados en estándares OGC.

RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Titoría)
Martínez Casas, David Cotitoría
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Titoría)
Martínez Casas, David Cotitoría
Tribunal
Fernández Rivera, Francisco (Presidente/a)
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Secretario/a)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA (Vogal)
Fernández Rivera, Francisco (Presidente/a)
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Secretario/a)
RODRIGUEZ PRESEDO, JESUS MARIA (Vogal)
AÚPAS: Plataforma online para a participación activa nas aulas
Autoría
S.C.B.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
S.C.B.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.09.2025 18:30
16.09.2025 18:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta o deseño e desenvolvemento dunha aplicación web educativa chamada AUPAS, sigla que xorde da idea de 'aupar' ao alumnado, é dicir, impulsalo a través da súa participación activa e reflexiva nas clases. A plataforma busca reforzar o papel do estudante como protagonista no proceso de aprendizaxe, ofrecendo ferramentas interactivas para o feedback e a autoavaliación, así como funcionalidades de análise automática de opinións mediante técnicas de Procesamento de Linguaxe Natural (PLN). AUPAS combina un frontend moderno desenvolvido con React e Vite, un backend híbrido composto por Django e Strapi. A integración de bibliotecas como spaCy e Hugging Face permite o tratamento automático de respostas textuais do alumnado, xerando visualizacións útiles para docentes, como nubes de palabras. A aplicación foi deseñada e avaliada baixo principios de usabilidade e interacción centrada na persoa usuaria, incorporando escalas tipo Likert, rankings, preguntas de suma de 100 puntos, multiple choice, preguntas abertas e actividades anónimas accesibles mediante código QR. Todo o proceso realizouse partindo dunha situación de inexperiencia inicial, cun enfoque eminentemente práctico e iterativo, superando limitacións de tempo e recursos mediante aprendizaxe autónoma. Este traballo supón unha primeira achega ao desenvolvemento de ferramentas dixitais que promoven unha educación máis participativa, personalizada e baseada en datos, abrindo vías para futuras melloras e adaptacións a diferentes contextos docentes.
Este Traballo de Fin de Grao presenta o deseño e desenvolvemento dunha aplicación web educativa chamada AUPAS, sigla que xorde da idea de 'aupar' ao alumnado, é dicir, impulsalo a través da súa participación activa e reflexiva nas clases. A plataforma busca reforzar o papel do estudante como protagonista no proceso de aprendizaxe, ofrecendo ferramentas interactivas para o feedback e a autoavaliación, así como funcionalidades de análise automática de opinións mediante técnicas de Procesamento de Linguaxe Natural (PLN). AUPAS combina un frontend moderno desenvolvido con React e Vite, un backend híbrido composto por Django e Strapi. A integración de bibliotecas como spaCy e Hugging Face permite o tratamento automático de respostas textuais do alumnado, xerando visualizacións útiles para docentes, como nubes de palabras. A aplicación foi deseñada e avaliada baixo principios de usabilidade e interacción centrada na persoa usuaria, incorporando escalas tipo Likert, rankings, preguntas de suma de 100 puntos, multiple choice, preguntas abertas e actividades anónimas accesibles mediante código QR. Todo o proceso realizouse partindo dunha situación de inexperiencia inicial, cun enfoque eminentemente práctico e iterativo, superando limitacións de tempo e recursos mediante aprendizaxe autónoma. Este traballo supón unha primeira achega ao desenvolvemento de ferramentas dixitais que promoven unha educación máis participativa, personalizada e baseada en datos, abrindo vías para futuras melloras e adaptacións a diferentes contextos docentes.
Dirección
CATALA BOLOS, ALEJANDRO (Titoría)
CONDORI FERNANDEZ, OLINDA NELLY Cotitoría
CATALA BOLOS, ALEJANDRO (Titoría)
CONDORI FERNANDEZ, OLINDA NELLY Cotitoría
Tribunal
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Presidente/a)
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Secretario/a)
FELIX LAMAS, PAULO MANUEL (Vogal)
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Presidente/a)
RIOS VIQUEIRA, JOSE RAMON (Secretario/a)
FELIX LAMAS, PAULO MANUEL (Vogal)
Estudo e avaliación de algoritmos criptográficos lixeiros
Autoría
L.D.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
L.D.C.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.09.2025 12:00
16.09.2025 12:00
Resumo
O presente traballo céntrase nunha análise de ASCON, un algoritmo de cifrado lixeiro seleccionado como estándar polo NIST. Este estudo baséase nunha revisión bibliográfica detallada e estúdase experimentalmente mediante a implementación de ASCON e AES en dúas plataformas distintas: PYNQ, unha plataforma baseada en FPGA, e un ordenador convencional. A análise enfócase en cinco métricas: velocidade, memoria, recursos de hardware, enerxía e resistencia a ataques. Estas métricas son esenciais para avaliar a eficacia dos algoritmos de cifrado en entornos con limitacións de recursos. A través de implementacións en software e probas experimentais, avalíanse métricas clave como o tempo de ejecución e o consumo de memoria. Este traballo non só avalía ASCON en comparación con AES, senón que tamén o contextualiza dentro do panorama máis amplio dos algoritmos de cifrado lixeiros, destacando as súas fortalezas e debilidades en diferentes contextos de implementación.

CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Titoría)
López Vilariño, David Cotitoría

CARIÑENA AMIGO, MARIA PURIFICACION (Titor do alumno)
López Vilariño, David (Titor do alumno)

Empoderamento do Paciente Anticoagulado con Antagonistas de Vit K mediante o uso dunha App Móbil.
Autoría
P.F.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
P.F.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
15.09.2025 12:00
15.09.2025 12:00
Resumo
Os tratamentos crónicos, especialmente en pacientes de idade avanzada, presentan numerosos desafíos para a súa correcta xestión. No caso dos pacientes anticoagulados con antagonistas da vitamina K (como Sintrom), a falta de coñecemento sobre o tratamento, as súas interaccións e a baixa adherencia terapéutica son factores de risco significativos. Ante a necesidade dunha ferramenta dixital accesible e centrada no usuario que reforce a súa autonomía e seguridade, proponse o desenvolvemento da aplicación móbil obxecto deste traballo. Neste Traballo de Fin de Grao preséntase o deseño e desenvolvemento dunha solución móbil cuxo obxectivo principal é mellorar o coñecemento e a adherencia ao tratamento en pacientes anticoagulados. A aplicación céntrase en proporcionar información validada e de fácil acceso sobre a terapia, xestionar as interaccións farmacolóxicas e alimentarias, e aumentar a seguridade do paciente a través da educación e a autoxestión. Para acadar estes obxectivos, a solución integra diversas funcionalidades clave: un módulo de contido educativo sobre o tratamento e os factores que afectan o INR, unha base de datos consultable sobre interaccións con alimentos e outros fármacos, un sistema de cuestionarios interactivos para autoavaliar o coñecemento adquirido e un xestor de medicación con recordatorios personalizables. Adicionalmente, inclúese un Modo Coidador que permite a familiares ou persoas de apoio xestionar o tratamento de forma segura e diferenciada. Preséntase unha arquitectura de aplicación móbil, desenvolvida con tecnoloxía React Native para garantir a compatibilidade multiplataforma (iOS e Android). A solución emprega unha base de datos local SQLite e o almacenamento interno do dispositivo, o que permite o seu funcionamento sen conexión a Internet e garante a privacidade ao non recompilar datos clínicos sensibles, cumprindo coa normativa RXPD. O deseño da interface foi concibido para ser accesible, con elementos de navegación claros e tipografías de gran tamaño para facilitar o seu uso por parte de persoas maiores. Finalmente, nesta memoria documéntase todo o proceso de creación do software, desde a fase de análise de requisitos e a planificación, pasando polo deseño da arquitectura, o desenvolvemento dos diferentes módulos e as probas realizadas ata a obtención do produto final.

PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Titoría)
VAZQUEZ LAGO, JUAN MANUEL Cotitoría
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Titoría)
VAZQUEZ LAGO, JUAN MANUEL Cotitoría
Tribunal
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
SANTOS MATEOS, ROI (Secretario/a)
López Vilariño, David (Vogal)
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
SANTOS MATEOS, ROI (Secretario/a)
López Vilariño, David (Vogal)
Unidade de hidrocraqueo para a conversión de destilado ao baleiro
Autoría
G.G.G.
Grao en Enxeñaría Química
G.G.G.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
15.09.2025 09:00
15.09.2025 09:00
Resumo
Deseño dunha unidade de hidrocraqueo cunha capacidade de 2.000.000 de toneladas ao ano en funcionamento continuo. Antes do hidrocraqueo, o destilado ao baleiro sométese a un proceso de hidrodesulfuración e separación do sulfuro de hidróxeno producido para mellorar a calidade do produto e evitar danos nos equipos posteriores. Este proceso produce aproximadamente 2.000.000 de toneladas ao ano de butano, benceno, nafta (tanto lixeira como pesada), diésel e queroseno. O equipo que se deseñará en detalle é o reactor de hidrodesulfuración, que é un reactor catalítico adiabático de leito fixo con inxeccións de extinción de hidróxeno dividido en tres leitos.

González Álvarez, Julia (Presidente/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Secretario/a)
GIL GONZALEZ, ALVARO (Vogal)
González Álvarez, Julia (Presidente/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Secretario/a)
GIL GONZALEZ, ALVARO (Vogal)
Rexistro de imaxes de satélite e imaxes capturadas por dron de alta resolución
Autoría
S.L.B.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
S.L.B.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
15.09.2025 12:30
15.09.2025 12:30
Resumo
O rexistro de imaxes multiespectrais capturadas por sensores diferentes constitúe unha tarefa fundamental no ámbito da teledetección, especialmente cando se require combinar información procedente de múltiples fontes e adquirida en distintas datas. A realización do rexistro entre múltiples imaxes multiespectrais obtidas por un mesmo sensor é unha tarefa factible e que se leva a cabo de maneira habitual, eficiente e exitosa na maioría dos casos. A dificultade desta tarefa incrementa de maneira significativa cando se pretende rexistrar imaxes capturadas por sensores diferentes, con características distintas e en contextos significativamente diversos. Neste traballo proponse un fluxo de traballo co obxectivo de dar solución a dito problema e, deste xeito, posibilitar o rexistro de imaxes procedentes de sensores diferentes con suficiente precisión, de maneira eficiente e cun tempo de execución razoable. A estratexia proposta baséase no encadeamento de execucións dun mesmo algoritmo de rexistro, mantendo inmutable a imaxe de referencia e encadeando as transformacións sucesivas sobre a imaxe que se desexa aliñar. Previamente á aplicación do encadeamento de execucións, proponse a aplicación de diversas técnicas de preprocesado sobre a imaxe a rexistrar, co fin de facilitar o labor do algoritmo de rexistro. O proceso de rexistro foi probado con imaxes reais capturadas por dron (Babcock) e por satélite (WorldView) de áreas determinadas, obténdose un resultado de rexistro correcto.

ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Titoría)
Argüello Pedreira, Francisco Santiago Cotitoría
ORDOÑEZ IGLESIAS, ALVARO (Titoría)
Argüello Pedreira, Francisco Santiago Cotitoría
Tribunal
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
SANTOS MATEOS, ROI (Secretario/a)
López Vilariño, David (Vogal)
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
SANTOS MATEOS, ROI (Secretario/a)
López Vilariño, David (Vogal)
Desenvolvemento dun sistema de información para o scouting de xogadores do clube de fútbol SD Compostela
Autoría
A.L.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.L.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
15.09.2025 13:00
15.09.2025 13:00
Resumo
Deseño e implementación dun sistema de información cunha aplicación web para optimizar o proceso de scouting de xogadores no primeiro equipo do SD Compostela. Para iso, desenvólvese un compoñente ETL que permitirá a recopilación, procesamento e estruturación de datos procedentes de distintas ligas e xogadores, garantindo a súa integridade e calidade. Unha aplicación web desenvolvida no presente traballo alimentarase desta información e facilitará a toma de decisións dos axentes e oxeadores do club, proporcionando información sintetizada e de valor. Ademais, servirá como unha plataforma de xestión integral para a actividade de scouting.

MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Titoría)
Pazos Recarey, Víctor Manuel Cotitoría
MUCIENTES MOLINA, MANUEL FELIPE (Titoría)
Pazos Recarey, Víctor Manuel Cotitoría
Tribunal
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
SANTOS MATEOS, ROI (Secretario/a)
López Vilariño, David (Vogal)
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
SANTOS MATEOS, ROI (Secretario/a)
López Vilariño, David (Vogal)
Planta de produción de anilina a partir de nitrobenceno
Autoría
E.M.T.
Grao en Enxeñaría Química
E.M.T.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
15.09.2025 09:30
15.09.2025 09:30
Resumo
Para o deseño dunha planta de produción de anilina a partir de nitrobenceno e hidróxeno, o proceso de produción divídese en tres seccións: Almacenamento: Esta sección consta de tanques para almacenar materias primas e bombas e intercambiadores de calor para manter a entrada do reactor nas condicións de presión e temperatura requiridas. Reacción: Esta sección conta cun reactor catalítico multitubular isotérmico. A reacción que se produce dentro do reactor é a producida polo hidróxeno e o nitrobenceno para producir anilina e auga. A reacción lévase a cabo en fase gasosa. Este reactor será deseñado por Pablo Trabazo Barros. Separación: Esta sección consta dun separador trifásico e dúas columnas de destilación, cuxa función é separar os diferentes produtos, así como as materias primas non reaccionadas, para obter anilina coa pureza desexada. A primeira das dúas columnas de destilación será deseñada por Eva Martín Trebolle.
Para o deseño dunha planta de produción de anilina a partir de nitrobenceno e hidróxeno, o proceso de produción divídese en tres seccións: Almacenamento: Esta sección consta de tanques para almacenar materias primas e bombas e intercambiadores de calor para manter a entrada do reactor nas condicións de presión e temperatura requiridas. Reacción: Esta sección conta cun reactor catalítico multitubular isotérmico. A reacción que se produce dentro do reactor é a producida polo hidróxeno e o nitrobenceno para producir anilina e auga. A reacción lévase a cabo en fase gasosa. Este reactor será deseñado por Pablo Trabazo Barros. Separación: Esta sección consta dun separador trifásico e dúas columnas de destilación, cuxa función é separar os diferentes produtos, así como as materias primas non reaccionadas, para obter anilina coa pureza desexada. A primeira das dúas columnas de destilación será deseñada por Eva Martín Trebolle.
Dirección
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
González Álvarez, Julia (Presidente/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Secretario/a)
GIL GONZALEZ, ALVARO (Vogal)
González Álvarez, Julia (Presidente/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Secretario/a)
GIL GONZALEZ, ALVARO (Vogal)
Planta de produción de dimetilcarbonato a partir de monóxido de carbono
Autoría
P.M.P.
Grao en Enxeñaría Química
P.M.P.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
15.09.2025 17:00
15.09.2025 17:00
Resumo
O traballo consiste no diseño dunha planta de produción de dimetilcarbonato a partir de metanol e monóxido de carbono. Ten unha capacidade de produción de 35.000 toneladas por ano e unha pureza do produto do 99 por cento másica. Os equipos máis destacados do traballo son o Reactor R201, diseñado por Samuel Santiago Pose, e a Columna de Destilación T304, diseñada por Pablo Moreno Piñeiro.

FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
González Álvarez, Julia Cotitoría
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
González Álvarez, Julia Cotitoría
Tribunal
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Vogal)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Vogal)
Desarrollo e Despliegue dunha Aplicación Cloud Native en Golang con unha Arquitectura de Microservizos
Autoría
C.N.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
C.N.G.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
15.09.2025 12:00
15.09.2025 12:00
Resumo
O obxectivo deste Traballo de Fin de Grao é deseñar, desenvolver e despregar unha aplicación nativa na nube, construída empregando os principios da arquitectura hexagonal e cunha estrutura baseada en microservizos implementados en Go. O proxecto céntrase especificamente no deseño da infraestrutura; a orquestración e a comunicación entre servizos; e a aplicación de prácticas DevOps para a xestión do ciclo de vida do software, incluíndo o control de versións e a integración e despregamento continuos (CI/CD). A solución proposta implica a implementación de catro microservizos independentes que, xuntos, permiten a creación e xestión de coleccións privadas a través dunha interface web. Todo isto foi despregado nun entorno Kubernetes minikube, buscando así cumprir os principios de escalabilidade, resiliencia e mantenibilidade que require unha arquitectura nativa na nube moderna.

Cardama Santiago, Francisco Javier Cotitoría

Cardama Santiago, Francisco Javier (Titor do alumno)
PICHEL CAMPOS, JUAN CARLOS (Titor do alumno)

Planta de produción de ácido acético a partir de metanol
Autoría
E.O.M.
Grao en Enxeñaría Química
E.O.M.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
15.09.2025 17:40
15.09.2025 17:40
Resumo
Obtención de 70.000 t/ano de ácido acético a partir de metanol e monóxido de carbono mediante o proceso de carbonilación do metanol. Este composto orgánico ten unha gran variedad de utilidades, dende a elaboración de produtos cosméticos, farmacéuticos ou na industria alimentaria, téxtil e química, o cual o convirte nun produto de gran interese industrial. Neste proxecto, Martín Álvarez levará a cabo o diseño riguroso do reactor, encargado do proceso de carbonilación do metanol para a obtención de ácido acético, e Elena Ojea da primeira columna, encargada de separar o ácido acético e o auga do resto de compoñentes do medio de reacción.
Obtención de 70.000 t/ano de ácido acético a partir de metanol e monóxido de carbono mediante o proceso de carbonilación do metanol. Este composto orgánico ten unha gran variedad de utilidades, dende a elaboración de produtos cosméticos, farmacéuticos ou na industria alimentaria, téxtil e química, o cual o convirte nun produto de gran interese industrial. Neste proxecto, Martín Álvarez levará a cabo o diseño riguroso do reactor, encargado do proceso de carbonilación do metanol para a obtención de ácido acético, e Elena Ojea da primeira columna, encargada de separar o ácido acético e o auga do resto de compoñentes do medio de reacción.
Dirección
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
González Álvarez, Julia Cotitoría
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
González Álvarez, Julia Cotitoría
Tribunal
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Vogal)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Vogal)
Detección automática de sargazo: unha aproximación baseada en aprendizaxe automática para validar produtos satelitais
Autoría
L.P.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
L.P.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
15.09.2025 13:30
15.09.2025 13:30
Resumo
O sargazo peláxico é unha macroalga que vive a flote en mar aberto cuxa chegada masiva ás zonas costeiras nos últimos anos provocou importantes impactos ecolóxicos, económicos e sociais, especialmente en rexións do Caribe, América Central e África Occidental. Neste contexto, xorde a necesidade de desenvolver sistemas de detección automática de sargazo que permitan estudar e controlar esta problemática. Máis concretamente, neste traballo explórase a detección empregando técnicas de aprendizaxe profunda sobre imaxes RGB captadas por saildrones. Isto, ademais de servir como alternativa fronte aos métodos tradicionais de detección por satélite, que presentan limitacións en zonas costeiras ou con nubosidade, tamén busca automatizar un proceso que, en moitos casos, segue realizándose manualmente. Así mesmo, este tipo de ferramentas resulta especialmente útil para a validación de produtos satelitais e modelos existentes, ao permitir clasificar automaticamente a presenza de sargazo en imaxes da superficie mariña. Para o desenvolvemento do proxecto, construíuse manualmente un conxunto de datos balanceado de 2.742 imaxes (1.371 con sargazo e 1.371 sen), a partir dun corpus inicial de máis de 100.000 imaxes sen etiquetar. A continuación, avaliáronse distintas arquitecturas de redes convolucionais, tanto modelos propios como preentrenados (ResNet50, DenseNet121, EfficientNet, VGG16), probando diversas configuracións de adestramento, incluíndo fine-tuning completo, penalización por clase e técnicas de aumento de datos. Os mellores resultados acadáronse co fine-tuning completo de DenseNet121, alcanzando métricas como unha accuracy do 97,45%, unha precision do 96,43%, un recall do 98,54% e un AUC de 0,9912, o que demostra un rendemento robusto e suxire un alto potencial de aplicación en escenarios reais. Ademais, estes resultados sentan as bases para futuras liñas de traballo, como a incorporación de imaxes procedentes de cámaras web costeiras ao conxunto de datos ou a integración do modelo en sistemas operativos de seguimento ambiental en tempo case real. En resumo, este traballo contribúe ao desenvolvemento de novas ferramentas innovadoras para o seguimento do sargazo de forma automatizada, combinando o potencial da aprendizaxe profunda con datos de alta resolución e facilitando a adopción de solucións tecnolóxicas para a xestión costeira e a protección dos ecosistemas mariños afectados por esta alga.

Triñanes Fernández, Joaquín Ángel (Titoría)
VARELA PET, JOSE Cotitoría
Triñanes Fernández, Joaquín Ángel (Titoría)
VARELA PET, JOSE Cotitoría
Tribunal
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
SANTOS MATEOS, ROI (Secretario/a)
López Vilariño, David (Vogal)
Barro Ameneiro, Senén (Presidente/a)
SANTOS MATEOS, ROI (Secretario/a)
López Vilariño, David (Vogal)
Módulo de xestión de calendarios e asistencia integrado co software de xestión de entidades deportivas
Autoría
M.J.P.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
M.J.P.P.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
15.09.2025 10:15
15.09.2025 10:15
Resumo
Este traballo ten como obxectivo desenvolver un módulo de xestión de calendarios e convocatorias para unha aplicación de xestión de clubes deportivos. Este módulo permite aos administradores do club crear, editar e eliminar eventos (adestramentos, competicións ou outras actividades) dos calendarios, así como xestionar a asistencia e convocatorias dos participantes de forma eficiente.

Taboada González, José Ángel (Titoría)
Taboada González, José Ángel (Titoría)
Tribunal
Taboada González, José Ángel (Titor do alumno)

Análise e comparación de técnicas de estimación da incerteza en modelos de Aprendizaxe Automática
Autoría
X.P.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
X.P.M.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.09.2025 10:15
16.09.2025 10:15
Resumo
Este traballo aborda a estimación da incerteza en modelos de aprendizaxe automática, fundamental para o seu uso en contornas industriais que requiren non só precisión, senón tamén confianza nas predicións. Implementáronse e comparáronse catro técnicas principais: Monte Carlo Dropout, Random Forest, Evidential Neural Networks e Laplace Approximation. Estas avaliáronse en tarefas de regresión con conxuntos de datos públicos e un conxunto industrial real. Os resultados amosan que Monte Carlo Dropout (1 sigma) e Evidential Neural Networks ofrecen un mellor equilibrio entre axuste e calibración. Random Forest é robusto e fácil de interpretar, pero tende a subestimar a incerteza. Laplace Approximation presenta maior dispersión e altos custos computacionais, cun rendemento menos consistente.

MERA PEREZ, DAVID (Titoría)
BUDIÑO REGUEIRA, ALEJANDRO Cotitoría
MERA PEREZ, DAVID (Titoría)
BUDIÑO REGUEIRA, ALEJANDRO Cotitoría
Tribunal
Losada Carril, David Enrique (Presidente/a)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
Taboada González, José Ángel (Vogal)
Losada Carril, David Enrique (Presidente/a)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
Taboada González, José Ángel (Vogal)
Planta de produción de xilitol a partir de raquis de millo
Autoría
I.R.G.
Grao en Enxeñaría Química
I.R.G.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
15.09.2025 15:00
15.09.2025 15:00
Resumo
Os raquis de millo introdúcense nun reactor, deseñado por Carlos, onde se hidrolizan mediante unha solución acuosa ácida. A partir de aí, a corrente resultante sepárase nunha fracción líquida que continúa o proceso, e nunha fracción sólida que se envía a unha caldeira de biomasa, onde a súa combustión xerará parte do vapor consumido pola planta. Voltando á corrente principal, esta purifícase, eliminando primeiro o ácido oxálico, que se recicla, e posteriormente outras impurezas. Neste punto, a solución de xilosa introdúcese nun segundo reactor, onde a hidroxenación produce xilitol. Este sométese despois a varias etapas de purificación (evaporación, cristalización, secado) ata acadar as especificacións desexadas. O evaporador é deseñado por Iván.
Os raquis de millo introdúcense nun reactor, deseñado por Carlos, onde se hidrolizan mediante unha solución acuosa ácida. A partir de aí, a corrente resultante sepárase nunha fracción líquida que continúa o proceso, e nunha fracción sólida que se envía a unha caldeira de biomasa, onde a súa combustión xerará parte do vapor consumido pola planta. Voltando á corrente principal, esta purifícase, eliminando primeiro o ácido oxálico, que se recicla, e posteriormente outras impurezas. Neste punto, a solución de xilosa introdúcese nun segundo reactor, onde a hidroxenación produce xilitol. Este sométese despois a varias etapas de purificación (evaporación, cristalización, secado) ata acadar as especificacións desexadas. O evaporador é deseñado por Iván.
Dirección
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Titoría)
MAURICIO IGLESIAS, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Secretario/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Vogal)
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Secretario/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Vogal)
Xeración de pseudoetiquetas para o adestramento de detectores semisupervisados
Autoría
A.R.A.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.R.A.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.09.2025 10:45
16.09.2025 10:45
Resumo
No ámbito da visión por computador, a detección de obxectos en contornos con moi poucas anotacións segue a ser un desafío considerable. A escaseza de datos etiquetados, a miúdo custosos e lentos de obter, impulsa a necesidade de métodos de aprendizaxe semisupervisado (SSOD) que poidan aproveitar grandes volumes de datos non etiquetados. Dentro do SSOD, a xeración de pseudoetiquetas de alta calidade é fundamental. Con todo, avaliar e seleccionar eficientemente os conxuntos de pseudoetiquetas máis beneficiosos para o adestramento ou fine-tuning dun detector é un problema complexo, dada a falta de ground truth e a variabilidade na calidade das pseudoetiquetas. O obxectivo deste traballo é abordar a problemática de xerar e seleccionar conxuntos de pseudoetiquetas de maneira eficiente, mediante o deseño e implementación dun fluxo de procesado modular para a xeración e avaliación de pseudoetiquetas. Desenvolveuse un sistema flexible que integra un detector open-vocabulary como Grounding DINO con extractores de embeddings (CLIP, DINOv2) e clasificadores lixeiros training-free (GDA, KNN). Este mecanismo serve tanto para xerar pseudoetiquetas como para avaliar diferentes conxuntos destas e preseleccionar cales poden ser máis valiosos para o adestramento ou fine-tuning dun detector. O estudo mostra que, aínda que a calidade estimada polos clasificadores lixeiros non sempre coincidiu perfectamente coa mellora do modelo acadada con cada conxunto de pseudoetiquetas, aquelas de alta calidade foron, non obstante, esenciais para impulsar o rendemento de detectores complexos. Os experimentos con Detectron2, utilizando pesos preadestrados en ImageNet, demostraron que os subconxuntos de pseudoetiquetas de maior calidade melloraron significativamente o rendemento do detector en escenarios con datos etiquetados moi limitados. Este traballo valida o potencial do pseudoetiquetado en contornos de escaseza de datos, á vez que destaca a complexidade da súa avaliación e a importancia da calidade da pseudoetiqueta e o preadestramento do modelo base.

Planta de produción de dimeticarbonato a partir de monóxido de carbono
Autoría
S.S.P.
Grao en Enxeñaría Química
S.S.P.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
15.09.2025 17:00
15.09.2025 17:00
Resumo
O traballo consiste no deseño dunha planta de produción de dimetilcarbonato a partir de metanol e monóxido de carbono. Ten unha capacidade de produción de 35.000 toneladas por ano e unha pureza do produto do 99 por cento másica. Os equipos máis destacados do traballo son o reactor R-201, diseñado por Samuel Santiago Pose, e a Columna Destilación T-304, diseñada por Pablo Moreno Piñeiro.
O traballo consiste no deseño dunha planta de produción de dimetilcarbonato a partir de metanol e monóxido de carbono. Ten unha capacidade de produción de 35.000 toneladas por ano e unha pureza do produto do 99 por cento másica. Os equipos máis destacados do traballo son o reactor R-201, diseñado por Samuel Santiago Pose, e a Columna Destilación T-304, diseñada por Pablo Moreno Piñeiro.
Dirección
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
González Álvarez, Julia Cotitoría
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Titoría)
González Álvarez, Julia Cotitoría
Tribunal
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Vogal)
CARBALLA ARCOS, MARTA (Presidente/a)
FRANCO RUIZ, DANIEL JOSE (Secretario/a)
EIBES GONZALEZ, GEMMA MARIA (Vogal)
Aplicación móvil para a xestión de reservas canceladas de última hora.
Autoría
M.S.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
M.S.L.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.09.2025 11:15
16.09.2025 11:15
Resumo
Neste proxecto búscase proporcionar unha solución ó problema xerado polas reservas de restaurantes canceladas de última hora nos establecementos, ocasionando perdas de negocio ó non ser capaces de ocupar ditas prazas libres. Para iso decidiuse iniciar o desenvolvemento dunha aplicación de xestión de reservas que sexan canceladas de último momento. A súa principal aportación respecto a aplicaciones de reservas similares é o modo en que se centra específicamente nas cancelacións, facilitando a búsqueda de restaurantes con prazas libres mediante actualizacións en tempo real e o envío de notificacións ós usuarios cercanos. Ao centrarse neste uso específico, o diseño da aplicación visibiliza ocos que serían máis complicados de cubrir nunha aplicación de reservas tradicional, xa que requerirían unha comprobación constante de dispoñibilidade dos establecementos. Deste modo o restaurante obtén unha segunda oportunidade de cubrir o oco e o cliente consigue unha opción de encontrar mesa con maior facilidade. Deste modo tense especificado, diseñado, implementado e probado o correcto funcionamento dos apartados da aplicación, dando lugar a unha aplicación que permite ós restaurantes a subida de cancelacións e as ofrece e comunica aos clientes de forma sinxela e dinámica, que cumpre con todos os obxectivos propostos ao inicio do desenvolvemento.

TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titoría)
Ménguez Álvarez, Guillermo Cotitoría
TABOADA IGLESIAS, MARÍA JESÚS (Titoría)
Ménguez Álvarez, Guillermo Cotitoría
Tribunal
Losada Carril, David Enrique (Presidente/a)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
Taboada González, José Ángel (Vogal)
Losada Carril, David Enrique (Presidente/a)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
Taboada González, José Ángel (Vogal)
Planta de produción de anilina a partir de nitrobenceno
Autoría
P.T.B.
Grao en Enxeñaría Química
P.T.B.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
15.09.2025 09:30
15.09.2025 09:30
Resumo
Para o deseño dunha planta de produción de anilina a partir de nitrobenceno e hidróxeno, o proceso de produción divídese en tres seccións: Almacenamento: Esta sección consta de tanques para almacenar materias primas e bombas e intercambiadores de calor para manter a entrada do reactor nas condicións de presión e temperatura requiridas. Reacción: Esta sección conta cun reactor catalítico multitubular isotérmico. A reacción que se produce dentro do reactor é a producida polo hidróxeno e o nitrobenceno para producir anilina e auga. A reacción lévase a cabo en fase gasosa. Este reactor será deseñado por Pablo Trabazo Barros. Separación: Esta sección consta dun separador trifásico e dúas columnas de destilación, cuxa función é separar os diferentes produtos, así como as materias primas non reaccionadas, para obter anilina coa pureza desexada. A primeira das dúas columnas de destilación será deseñada por Eva Martín Trebolle.
Para o deseño dunha planta de produción de anilina a partir de nitrobenceno e hidróxeno, o proceso de produción divídese en tres seccións: Almacenamento: Esta sección consta de tanques para almacenar materias primas e bombas e intercambiadores de calor para manter a entrada do reactor nas condicións de presión e temperatura requiridas. Reacción: Esta sección conta cun reactor catalítico multitubular isotérmico. A reacción que se produce dentro do reactor é a producida polo hidróxeno e o nitrobenceno para producir anilina e auga. A reacción lévase a cabo en fase gasosa. Este reactor será deseñado por Pablo Trabazo Barros. Separación: Esta sección consta dun separador trifásico e dúas columnas de destilación, cuxa función é separar os diferentes produtos, así como as materias primas non reaccionadas, para obter anilina coa pureza desexada. A primeira das dúas columnas de destilación será deseñada por Eva Martín Trebolle.
Dirección
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
González Álvarez, Julia (Presidente/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Secretario/a)
GIL GONZALEZ, ALVARO (Vogal)
González Álvarez, Julia (Presidente/a)
GOMEZ DIAZ, DIEGO (Secretario/a)
GIL GONZALEZ, ALVARO (Vogal)
Uso de grafos convolucionais para o problema de predición de textos restantes en minaría de procesos
Autoría
A.T.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
A.T.S.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.09.2025 11:45
16.09.2025 11:45
Resumo
A minaría de procesos consiste principalmente no estudo dos datos obtidos en historiais e rexistros de eventos e a aplicación das conclusións sacadas destes. O estudo de tendencias, patróns e localizacións de puntos críticos nos datos sucede con metas coma a optimización de procesos, do cal a predición de tempos restantes baseada nos datos de procesos incompletos forma parte. A representación de información en grafos permite a captura de relacións estruturais entre datos, e a adición dos métodos de pase de mesaxes a implicación dos nodos individuais nun contexto onde os valores asociados a cada un tamén representen aos nodos que o rodean. Con estes datos coma base, o seguinte traballo explora diversas modificacións sobre unha arquitectura baseada en grafos, a cal se centra na incorporación a cada nodo de información procedente de procesos externos á secuencia principal. Ademais, analízase a aplicación desta arquitectura a múltiples conxuntos de datos, así coma diferentes modelos de aprendizaxe automática baseados en redes convolucionais para obter predicións dos tempos restantes dun proceso en acción. Como resultado do traballo, logran ubicarse trazas nos diferentes conxuntos que permiten entender parte das fortalezas e debilidades de cada modelo, así como se obteñen medidas de erro competentes conforme ao estado do arte.

LAMA PENIN, MANUEL (Titoría)
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS Cotitoría
Suárez Barro, Noel Cotitoría
LAMA PENIN, MANUEL (Titoría)
VIDAL AGUIAR, JUAN CARLOS Cotitoría
Suárez Barro, Noel Cotitoría
Tribunal
Losada Carril, David Enrique (Presidente/a)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
Taboada González, José Ángel (Vogal)
Losada Carril, David Enrique (Presidente/a)
VILLARROYA FERNANDEZ, SEBASTIAN (Secretario/a)
Taboada González, José Ángel (Vogal)
Planta de produción de hidróxeno por reformado de metano
Autoría
L.L.V.C.
Grao en Enxeñaría Química
L.L.V.C.
Grao en Enxeñaría Química
Data da defensa
15.09.2025 15:40
15.09.2025 15:40
Resumo
Este proxecto final de grao ten como obxectivo deseñar unha planta de produción de hidróxeno cunha capacidade de 40.000 toneladas ao ano mediante o proceso de reformado de metano con vapor. O proxecto céntrase no deseño do reactor, que emprega un catalizador de níquel, dirixido pola estudante Laura Lucinda Vásquez Cardozo. Ademais, o proxecto inclúe o deseño dunha columna de absorción, desenvolvida por Sara Arija García. Dado que o metano utilizado xa se subministra desulfurado, non será necesario un paso previo de desulfuración. Este proxecto responde á crecente demanda de hidróxeno en aplicacións industriais como a produción de amoníaco e metanol.
Este proxecto final de grao ten como obxectivo deseñar unha planta de produción de hidróxeno cunha capacidade de 40.000 toneladas ao ano mediante o proceso de reformado de metano con vapor. O proxecto céntrase no deseño do reactor, que emprega un catalizador de níquel, dirixido pola estudante Laura Lucinda Vásquez Cardozo. Ademais, o proxecto inclúe o deseño dunha columna de absorción, desenvolvida por Sara Arija García. Dado que o metano utilizado xa se subministra desulfurado, non será necesario un paso previo de desulfuración. Este proxecto responde á crecente demanda de hidróxeno en aplicacións industriais como a produción de amoníaco e metanol.
Dirección
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
SOTO CAMPOS, ANA MARIA (Titoría)
Tribunal
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Secretario/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Vogal)
GARRIDO FERNANDEZ, JUAN MANUEL (Presidente/a)
FREIRE LEIRA, MARIA SONIA (Secretario/a)
FRANCO URIA, MARIA AMAYA (Vogal)
Ciclo completo de CI e CD con Dagger e Kubernetes.
Autoría
D.V.T.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
D.V.T.
Grao en Enxeñaría Informática (2ªed)
Data da defensa
16.09.2025 17:30
16.09.2025 17:30
Resumo
Ante a crecente complexidade dos fluxos DevOps, resulta conveniente identificar ferramentas de Continuous Integration e Continuous Delivery (CI e CD) que unifiquen os pipelines e reduzan os custos de mantemento. Este Traballo de Fin de Grao investiga se Dagger, un motor programable basado en contedores, pode simplificar e acelerar a integración e entrega continuas fronte ós métodos convencionais predominantes. Construiuse un monorepo cunha aplicación de proba (frontend: Vue + Typescript; backend: Typescript; MongoDB) e deseñáronse e implementáronse dous módulos de Dagger para os ciclos de CI e CD, empregando o SDK que proporciona Dagger para a linguaxe de programación Go. Ademais, despregouse a aplicación en tres clusters de KinD, xestionados por ArgoCD baixo filosofía GitOps, coa infraestrutura definida mediante Helm e Kubernetes. A avaliación cuantitativa incluíu unha proba na que se executou a función endtoend do módulo de CI. Esta mostrou unha redución do tempo de execución do 40% cando os parámetros de entrada cambiaban entre execucións, e do 94% cando os parámetros permanecían sen cambios. Isto é grazas ó sistema de xestión de caché nativo de Dagger. A análise cualitativa destacou vantaxes en canto ó mantemento, a portabilidade (execución sobre runtime OCI), a reproducibilidade e a escalabilidade, fronte unha curva de aprendizaxe moderada. En conclusión, Dagger posiciónase coma unha alternativa sólida para estandarizar e modernizar os ciclos de vida do software, facilitando a integración continua e reducindo a dependencia de scripts heteroxéneos. Entre outras melloras futuras, suxírense: validar o funcionamento dos módulos en clusters xestionados na nube, xestionar de mellor maneira os secretos e engadir ferramentas de monitorización e de análise de imaxes de Docker.

Maseda Muiño, Francisco Cotitoría