Resultados
Estudantes de secundaria de Compostela familiarízanse na USC coa investigación con células nai
Este venres celébrase o Unistem Day 2014, unha iniciativa que reúne simultaneamente a 20.000 escolares de Irlanda, Reino Unido, Suecia, Italia e España
A Fundación Barrié presenta no campus de Lugo o seu programa de 42 bolsas de posgrao no estranxeiro para 2014
García Herradón salienta o éxito do campus de Lugo na convocatoria do ano 2013, logo foran seleccionados como bolseiros titulados/as en Veterinaria e Enxeñaría Química
O reitor entregou os galardóns dos Premios á Calidade Lingüística da USC
Entre os quince premios contemplados repartíronse 5.000 euros nas modalidade de traballos académicos, proxectos de fin de carreira ou de grao e traballos de fin de mestrado
Un documental e un debate lembran este xoves en Formación do Profesorado vivencias das escolas rurais despois da República
A actividade, organizada pola Asociación IV Ciclo Universitario do campus de Lugo, comezará ás 19.15 horas, no salón de actos da facultade e a entrada e libre e de balde
O compositor e guitarrista fonsagradino Xoán Curiel trae este xoves a súa Xira de Peregrinación Magnética á Casa do Saber
O cantautor e instrumentista brasileiro Sérgio Tannus acompañará a Curiel neste concerto do Ciclo Lubicán 2014, que é de asistencia libre e comezará ás 20.30 horas
Un foro analiza as achegas do sector pesqueiro ao desenvolvemento de Lugo este mércores na Facultade de ADE
A decana Begoña Barreiro guiará a táboa redonda, que se desenvolverá de 17.00 a 20.00 horas e na que intervirán como relatores cinco expertos do sector pesqueiro
A Fundación USC Deportiva, galardoada polo seu labor de fomento e promoción da actividade física e da vida activa
Os Premios do Deporte Galego 2013 tamén recoñeceron á triatleta e estudante de Medicina Susana Rodríguez Gacio
A USC nutre de titulados en ADE, Económicas e Empresariais desde 2002 o cadro de persoal da firma austríaca LKW Walter
A compañía xustifica o seu interese polos egresados da USC pola calidade da súa formación e pola excelente xestión dos programas de prácticas e mobilidade