USC e Aresa convocan o XXIII Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
O reitor Antonio López e a adxunta á Presidencia do grupo Aresa, Carlota López, asinan o convenio para a edición da nova edición dun galardón orientado a distinguir iniciativas a prol do medio rural que axuden a mellorar a calidade de vida dos seus habitantes. O prazo de presentación de candidaturas permanece aberto ata o 13 de xaneiro de 2023 nos rexistros de que dispón a USC nos campus de Lugo e Santiago