A Biblioteca Universitaria reforza a oferta de prazas para o estudo durante as fins de semana
O horario de apertura será de 10.00 a 19.30 horas
O horario de apertura será de 10.00 a 19.30 horas
A exposición inaugurada este martes, convida a coñecer a enorme influencia do monarca cunha peregrinaxe a través de documentos, testemuños arqueolóxicos, literarios e musicais que amosan o seu legado en paralelo ao esplendor da cultura galega na etapa medieval
A spin-off da USC recibirá máis de 600.000 euros para executar o proxecto GREENVITISV co que crear unha nova cadea de valor no sector do viño e aproximalo á economía circular
O Paraninfo acolleu este martes a presentación de 'Senderos de la historia. Miradas y actores en medio siglo de historia rural' coincidindo co 70 aniversario do catedrático de Historia Contemporánea e ex reitor da USC
O profesorado e persoal investigador poderán realizar as súas consultas a través desta xornada que se poderá seguir en Twitter e Youtube sen necesidade de rexistro previo
Co apoio do programa de micromecenado da USC ‘Sumo Valor’, o proxecto liderado por José Martínez Costas pretende poñer freo ao SARS-CoV-2 a través dunha tecnoloxía propia, barata e que non xere efectos secundarios adversos
A iniciativa DOA ten como obxectivo documentar e mostrar a variación no léxico patrimonial actual dentro dos concellos que forman parte da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
O incremento da oferta docente da facultade con especial atención ás demandas da xestión pública no contexto dixital ou o fortalecemento da colaboración co tecido social e empresarial galego, entre os seus retos para estes catro anos
Gratuíto, o programa consta de oito sesións, dunha hora de duración e unha vez por semana, que se celebrarán a través de vídeo chamada e en grupo
O prazo de presentación de traballos académicos de curso de grao remata o 31 de xullo de 2021; mentres que o correspondente á modalidade dirixida a Traballos de Fin de Grao (TFG) e de Fin de Mestrado (TFM) remata o 30 de setembro de 2021
Segundo os últimos datos do CSIC recompilados no seu ránking de institucións máis citadas, a de Santiago sería a sétima de 58 universidades españolas e a 213 en perspectiva internacional
O proxecto ZABCAT, a desenvolver no CiQUS, profundará nas posibilidades de desenvolvemento de baterías de zinc-aire, unha alternativa máis sustentable, con maior capacidade, baixo custe e máis seguras que as tradicionais de ión de litio
Este é un recoñecemento ás “mellores traxectorias académicas do alumnado universitario galego, o seu traballo, esforzo e excelencia”
En colaboración coa Xunta de Galicia, porase a disposición da comunidade educativa galega para axudar a calcular as pautas de ventilación adecuadas que optimizan o tempo necesario de renovación do aire
Segundo o informe meteorolóxico anual do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, esta cifra supera a media dos últimos anos, contabilizándose un total de 108 días con máis de nove horas de sol
Os investigadores da USC Javier González Pérez, Eloy Rodríguez Daporta e Jorge Mira Pérez analizan as estratexias de mellora para as persoas afectadas por esta eiva, que atinxe ao 8% dos homes e ao 0,5% das mulleres