Resultados
Unha mostra fai visibles na Intercentros mulleres que destacaron como investigadoras da luz
Carme Silva, Eva Aguayo e Ana Jesús López inauguraron este martes a exposición monográfica, que permanecerá aberta no campus de Lugo ata o 14 de decembro
Acto homenaxe en memoria da profesora Rosalía Porto Vila
O reitor Juan Viaño presidirá este mércores 2 de decembro un acto homenaxe en memoria da que fora profesora de Matemáticas do Departamento de Economía Cuantitativa Rosalía Porto Vila, falecida recentemente. A sesión comezará ás 13.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Analizan en París e Cardiff os resultados dun proxecto da USC sobre o papel das pequenas cinematografías en versión orixinal
O equipo do proxecto eDCINEMA intensifica as accións de difusión das conclusións desta pescuda do Plan Nacional de Investigación e Desenvolvemento
O premio de pintura CreArte abre a súa cuarta edición á sociedade
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais mantén aberto ata o 13 de marzo o prazo para presentar obras
Estudan a sustentabilidade ambiental das moléculas de organismos mariños empregadas en produtos farmacéuticos ou cosméticos
Paula Pérez proporciona na súa tese os primeiros perfís ambientais de compostos con actividade biolóxica de interese
A Escola Politécnica Superior súmase ao Día da Impresión 3D con sesións divulgativas e obradoiros prácticos
As persoas que participen este xoves nas actividades programadas co gallo do 3DPrinting Day recibirán como agasallo un logo da USC impreso en 3D
Xornada sobre procesos de selección de persoal na Aula Universia da Biblioteca Intercentros
A sesión, de carácter gratuíta e orientada a estudantes e titulados do campus, desenvolverase este mércores a partir das 11.00 horas
Profesorado e Veterinaria lanzan un curso de perfeccionamento sobre intervencións asistidas con animais no eido da educación
A matrícula neste programa, dirixido polas profesoras Lina Iglesias e Cristina Castillo, remata o 23 de decembro e as sesións formativas serán de xaneiro a marzo de 2016
A USC lidera un programa europeo de formación e capacitación para restaurar e rehabilitar terreos degradados
Os países participantes no proxecto Landcare, financiado con 265.000 euros e coordinado polo profesor da USC Agustín Merino, son España, Portugal, Italia e Grecia