Resultados
Entrega de insignias e Premios fin de carreira a titulados/as en Enxeñaría Agrícola egresados/as da Escola Politécnica
O acto académico desenvolverase a partir das 12.00 horas no salón de actos do centro universitario e inclúe un relatorio sobre denominacións de calidade e produción agraria
Entrega dos premios do concurso USC-Tesouro
Mañá 28 ás 13.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Matemáticas
A Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo acollerá en xuño a V Olimpíada Galega de Economía
O prazo de inscrición neste concurso académico, que busca incentivar e estimular o estudo de Economía e Empresa no ensino medio, estará aberto ata o 12 de xuño
A USC participa nun estudo que analiza o consumo de drogas en Europa a través dos residuos nas augas
O grupo de investigación analizou durante tres anos as augas residuais de Santiago na busca de residuos do consumo de cannabis, cocaína, anfetaminas e éxtase
Ulobit ofrece este martes na Casa do Saber un concerto de improvisación inmersivo no marco do programa Sons Creativos
Unha selección de obras que conectan vídeo arte, música contemporánea e arte sonora servirá de preludio dunha actuación que rematará cun remix de Dj Dr. Think
Convocadas as axudas á realización de teses en lingua galega
Contemplan unha subvención directa de ata 400 euros
A Facultade de Ciencias impulsa o ensino de Química en galego cun proxecto multimedia con vídeos de prácticas de laboratorio
O proxecto Funil.gal, Premio Luísa Villalta a iniciativas de normalización Lingüística, achega ao estudantado material audiovisual e contidos teóricos nun libro electrónico
Novos modelos de negocio en comunicación, a crise alimentaria mundial e o deseño de hortos agroecolóxicos, propostas para a segunda semana da Universidade de Verán 2014
O prazo de matrícula para estes cursos remata o venres 30 de maio
Rodríguez Fer participa este martes na inauguración dunha placa cun poema de Valente en Francia
O director da Cátedra Valente da USC coordina un volume no que distintos autores analizan en detalle a estadía deste poeta ourensán en Xenebra e na Alta Saboia
As Xornadas Interxeracionais Rurais alcanza a décima edición
Comezan este sábado 24 no concello de Xermade