Resultados
A USC súmase á Declaración Internacional polo futuro do Ártico
O reitor Juan Casares asinou o documento de Greenpeace no que se reclaman medidas específicas de protección para este territorio
Representantes de universidades de Azerbaijan, Kirgyzstan, Tajikistan e Ucraína visitan o campus de Lugo
A delegación, que completa unha estadía na USC a través do programa Tempus univia project workshop, percorreu a Escola Politécnica Superior e a Facultade de Veterinaria
O primeiro prazo de matrícula dos cursos da Universidade de Verán remata este venres 23
Na primeira semana de xuño celébranse catro cursos en Santiago e outros tres en Lugo, Arzúa e Vilagarcía de Arousa
A pontevedresa Letizia Silva gaña o concurso de deseño do logotipo do Grupo de Innovación Docente de Enxeñaría Civil da USC
A orixinal proposta seleccionada destaca por conxugar o simbolismo da profesión coa actividade docente. A autora recibirá como premio unha tableta electrónica
Investigadores da USC premiados por un estudo no que analizan as consecuencias de clorar auga que conteña residuos de cannabis
A Investigadora Iria González recibiu o premio da Sociedade de Toxicoloxía e Química Ambiental
O curso estival da USC ‘Innovación tecnolóxica nas explotacións gandeiras’ citará 20 relatores do 14 ao 19 de xullo na Pastoriza
O programa permitirá coñecer algúns dos avances máis novos aplicados ao sector agrongandeiro, ao tempo que será escaparate ao mundo da Pastoriza, dixo Carreira
O compositor e percusionista Carlos Suárez ofrece este xoves un concerto na Casa do Saber no marco do ciclo ‘Sons Creativos’
A actuación, con entrada de balde ata completar o aforo, comezará as 20.30 horas e rematará cun remix, a cargo de Álvaro Pardo, coñecido como Dj Dr Think