Imaxe: XIII Simposio do Máster de Química Orgánica | CiQUS
Os días 17 e 18 de xuño tivo lugar no CiQUS a XIII Edición do Simposio do Máster de Química Orgánica, titulación interuniversitaria impartida conxuntamente pola Universidad Autónoma de Madrid, a Universidad Complutense de Madrid e a Universidade de Santiago de Compostela. O evento, de carácter semipresencial, incluíu sesións presenciais paralelas en Madrid e en Santiago, así como actividades comúns en remoto que se celebraron de maneira simultánea en ambas as sedes.
Durante as xornadas, os estudantes puideron asistir de maneira telemática desde a Aula de Seminarios do centro ás dúas conferencias programadas no marco do simposio, a primeira delas a cargo do Dr. Daniel López Serrano (CNB), e a segunda a cargo do Dr. Javier García Martínez (U. de Alicante). As actividades presenciais incluíron dúas sesións de pósteres, en que os alumnos presentaron os aspectos máis relevantes dos seus proxectos de Traballo Fin de Máster, que vén desenvolvendo no CIQUS.
Unha actividade adicional foi unha visita á empresa GalChimia S.A., unha spin-off xurdida do Departamento de Química Orgánica da USC, que ocupa un lugar punteiro en España no campo da síntese orgánica. Foi, como en ocasións anteriores, unha actividade exitosa e de gran valor formativo para o alumnado.