Aberto o prazo de admisión para o Máster ChemBio&Mat

10/06/2021
  • ChemBio&Mat é unha titulación única na fronteira entre a química, a bioloxía e os materiais moleculares.
  • O prazo para realizar a solicitude de admisión finaliza o 20 de Julio.
  • Os aspirantes deben acreditar unha titulación superior nalgunha das disciplinas das Ciencias Experimentais así como un nivel mínimo de inglés B1.

 

Master ChemBio&Mat 

Xa é posible solicitar a admisión para a próxima edición do Máster Universitario en Química na Fronteira coa Bioloxía e a Ciencia de Materiais (ChemBio& Mat), unha titulación única deseñada para quen desexa penetrarse na fronteira entre a química, a bioloxía e os materiais moleculares. O primeiro prazo para realizar a solicitude de praza permanecerá aberto ata o 20 de Julio.

Gran parte dos retos científicos e tecnolóxicos que afrontamos actualmente deben abordarse cunha perspectiva multidisciplinar. ChemBio&Mat é un programa de formación acorde con esta necesidade no ámbito das ciencias moleculares e as súas posibles aplicacións en biomedicina e en ciencia dos materiais. O plan de estudo, impartido integramente en inglés, destaca tamén pola calidade dos seus docentes, quen acumula máis dunha decena das prestixiosas axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC) entre outros méritos. Non en balde, ChemBio&Mat é a primeira titulación asociada a un Centro Singular de Investigación do Sistema Universitario Gallego, potenciando deste xeito a súa vertente investigadora, así como o carácter práctico e experimental do programa.

Neste sentido, o alumnado é o gran beneficiado ao poder realizar as súas prácticas e traballos de investigación nos laboratorios do CiQUS, aprendendo técnicas punteiras da man dos Grupos de Investigación do centro. Ademais, esta compoñente práctica capacita ao estudante para poder incorporarse posteriormente ao mercado laboral ou iniciar unha carreira investigadora. Pola súa banda, o CiQUS ten previsto renovar o seu compromiso co talento novo a través do seu programa propio de apoio ao comezo da carreira investigadora, ofertando contratos a tempo parcial para favorecer a compatibilidade co desenvolvemento da actividade académica. Este ano tamén será posible contar con axudas para cubrir custos de mobilidade para aqueles estudantes que proveñan de fóra.

O plan de estudo dura ano e medio, e componse de 5 módulos que suman 90 ECTS, polo que resulta homologable a nivel europeo e facilita a mobilidade internacional. Os alumnos completarán a súa formación realizando un Traballo Final de Máster (TFM) enmarcado nalgunha das liñas estratéxicas do centro: Química Biolóxica e Médica, Materiais Funcionais con Aplicación Tecnolóxica ou Tecnoloxías Sintéticas para un Desenvolvemento Sostible.

Os aspirantes para cursar este máster, que oferta un total de 20 prazas para a súa terceira edición, deben acreditar unha titulación superior nalgunha das disciplinas das Ciencias Experimentais (Química, Bioloxía, Farmacia, Bioquímica, Física, etc.) así como un nivel mínimo de inglés B1. As candidaturas presentaranse telemáticamente a través da secretaría virtual da Universidade de Santiago de Compostela.