Skip to main content

Seminario web con inscrición previa

Como seleccionar os termos de busca de xeito eficiente

06.11.2024 | 10.00h-10.45h

A editorial Proquest organiza un ciclo de sesións formativas online destinado a estudantes de posgrao. É necesaria inscrición

Proquest oferta un programa de sesións formativas para estudantes de posgrao
Proquest oferta un programa de sesións formativas para estudantes de posgrao

Nesta sesión de 45 minutos:

  • Identificaranse as mellores  técnicas para seleccionar termos de busca.
  • Utilizaranse as funcionalidades avanzadas da plataforma ProQuest (indexación por campos, tesaurus, materias) para seleccionar termos e construír buscas máis eficientes.

Podes inscribirte picando aquí.

Na Intranet da BUSC poderás obter información desta e das seguintes sesións, ademais da axenda completa de cursos formativos.

The contents of this page were updated on 06.06.2024.