O Grupo de investigación Terceira Xeración (TeXe) pertence á Universidade de Santiago de Compostela (GI-1451) e traballa de maneira estable desde 1980.
Está constituído por profesorado da área de Teoría e Historia da Educación e Didáctica e Organización Escolar, Departamento de Pedagoxía e Didáctica, con sede na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Conta con colaboradores/as externos/as do CESGA, da Universidade de Vigo, da Universidade Complutense de Madrid, persoal en exercicio no ámbito da educación e a xestión cultural, así como persoal en formación.
O grupo TeXe escolleu a súa denominación por dúas razóns fundamentáis que configuran o seu significado:
- Razón de carácter socio-histórico: o GI está formado por persoas de tres xeracións académicas universitarias, que se formaron no grupo. Cada xeración tivo competencias de formación na seguinte. Agora, no momento actual, xa están integrados no grupo profesores da cuarta xeración.
- Razón de carácter administrativo-conceptual: no momento de reformulación do catálogo de grupos de investigación na USC, a singularidade como grupo estaba na problemática educativa dos dereitos de terceira xeración, que son dereitos culturais vinculados á identidade, á diversidade, á individualización e á socialización.
Formou parte da Rede de Investigación en Ciencias Sociais (REDICIS), considerada unidade de investigación competitiva pola Xunta de Galicia no ano 2012. Actualmente forma parte da Rede Iberoamericana de Pedagoxía (REDIPE). En colaboración con esta entidade lidera e dinamiza a Rede Internacional de Pedagoxía Mesoaxiolóxica (RIPEME).
Contactos
Novas da USC
Demostran a eficacia do vídeo-modelado e as gafas intelixentes para reforzar as competencias enfermeiras
A USC conclúe con éxito o proxecto europeo ClinicalModelling, no que participou a Facultade de Enfermería
Read more
A acción protectora da Seguridade Social das vítimas de violencia de xénero maiores de 65 anos, eixo dun congreso
Esta cita científica mantén aberto ata o 25 de outubro o prazo para presentar comunicacións
Read more
O IGFAE organiza unha xornada de portas abertas para estudantes da Facultade de Física
A iniciativa, que terá lugar o xoves 23 de outubro, está promovida pola Delegación de Alumn@s de Física, co obxectivo de dar a coñecer o labor do centro de investigación entre o estudantado de grao
Read moreAs Xornadas de Convivencia e Formación tecen vínculos por terceiro ano consecutivo entre o estudantado universitario
A primeira parte desta iniciativa desenvólvese este martes 14 no Campus de Lugo, mentres que o vindeiro día 22 será a quenda do Campus de Santiago
Read moreBuscan en Compostela aproveitar sinerxías entre as redes de traballo e estudo da Intelixencia Artificial
A USC lidera a Rede Española de Filosofía da Intelixencia Artificial, que prepara para 2026 o primeiro congreso estatal
Read more