Ir o contido principal

 

O Grupo de investigación Terceira Xeración (TeXe) pertence á Universidade de Santiago de Compostela (GI-1451) e traballa de maneira estable desde 1980.

Está constituído por profesorado da área de Teoría e Historia da Educación e Didáctica e Organización Escolar, Departamento de Pedagoxía e Didáctica, con sede na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Conta con colaboradores/as externos/as do CESGA, da Universidade de Vigo, da Universidade Complutense de Madrid, persoal en exercicio no ámbito da educación e a xestión cultural, así como persoal en formación.

O grupo TeXe escolleu a súa denominación por dúas razóns fundamentáis que configuran o seu significado:

  • Razón de carácter socio-histórico: o GI está formado por persoas de tres xeracións académicas universitarias, que se formaron no grupo. Cada xeración tivo competencias de formación na seguinte. Agora, no momento actual, xa están integrados no grupo profesores da cuarta xeración.
  • Razón de carácter administrativo-conceptual: no momento de reformulación do catálogo de grupos de investigación na USC, a singularidade como grupo estaba na problemática educativa dos dereitos de terceira xeración, que son dereitos culturais vinculados á identidade, á diversidade, á individualización e á socialización.

Formou parte da Rede de Investigación en Ciencias Sociais (REDICIS), considerada unidade de investigación competitiva pola Xunta de Galicia no ano 2012. Actualmente forma parte da Rede Iberoamericana de Pedagoxía (REDIPE). En colaboración con esta entidade lidera e dinamiza a Rede Internacional de Pedagoxía Mesoaxiolóxica (RIPEME).

Contactos

Responsable do grupo TeXe

Prof. Silvana Longueira Matos

Enderezo
Facultade de Ciencias da Educación. Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n. Campus Vida. 15782 Santiago de Compostela
Teléfonos
881813771
Email
silvana.longueira@usc.es

Novas da USC

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.04.2025.