Dra. Carmen de Santiago Gómez

Investigadora asociada

Grupo Investigación: GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval)

E-mail: carmen.desantiago@usc.es

CV | Academia.edu

 

Carmen de Santiago Gómez é licenciada en Filoloxía Románica na USC (2013), institución na que tamén cursou o Máster pluridisciplinar en Estudos medievais europeos: imaxes, textos e contextos (2014). En 2022 obtivo o título de Doutora (Mención internacional) coa tese titulada O cancioneiro do trobador Johan Soarez Somesso. Edición crítica e estudo (Sobresaínte cum laude), traballo que foi recoñecido co Premio extraordinario de doutoramento pola USC. Para complementar a súa formación filolóxica de partida coas posibilidades técnicas que ofrecen os métodos computacionais, realizou diversos cursos de especialización en Humanidades Dixitais.

 

Entre os anos 2015 e 2022 obtivo diversos contratos como Investigadora en formación na USC e no CRPIH, en proxectos de investigación autonómicos, nacionais e europeos. Actualmente, traballa como Investigadora asociada da USC, é Coordinadora técnica da Base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa (Palmed) e membro do proxecto Cancioneiros galego-portugueses. Da paleografía dixital á gramática histórica (PID2020-113491GB-l00), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

 

A súa actividade investigadora ten unha perspectiva comparada e céntrase, fundamentalmente, nos ámbitos da crítica textual, a literatura medieval (con especial atención á lírica galego-portuguesa) e as Humanidades Dixitais.