Dra. Helena Bermúdez Sabel

Investigadora Postdoutoral

Grupo Investigación: GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval)

E-mail: helena.bermudez@unine.ch

Ligazóns: CV | ORCID | Academia.edu

 

Helena Bermúdez Sabel é Doutora en Estudos Medievais pola Universidade de Santiago de Compostela (2019), cunha tese que exemplifica como se pode combinar a Filoloxía con métodos computacionales na creación de novos modelos de edición filolóxica. Foi investigadora postdoutoral nas universidades suízas de Neuchâtel (2021-2023) e Lausanne (2019-2020), e investigadora contratada no Laboratorio de Innovación en Humanidades Dixitais da UNED, no marco dun proxecto ERC Starting Grant (2017-2019). Entre os seus intereses académicos destaca a aplicación de técnicas de procesamento da linguaxe natural ao latín e ás linguas románicas para responder a preguntas de investigación no ámbito da Lingüística Histórica e a Literatura. Participou e participa en numerosos proxectos de investigación nacionais e internacionais, e intervén regularmente en seminarios internacionais relacionados coa formación en Humanidades Dixitais. Desde 2021, é membro electo do consello técnico da Text Encoding Initiative (TEI).