Dr. Manuel Magán Abollo

Investigador colaborador

Grupo Investigación: GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval)

Ligazóns: CV | LinkedIn

 

Manuel Magán Abollo é graduado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Na mesma universidade cursou un mestrado en Estudos Medievais e outro en Profesorado de Educación Secundaria e realizou a súa tese de investigación “Espazo lido e espazo representado nas Cantigas de Santa María. Unha nova aproximación” baixo a dirección de Elvira Fidalgo e María Victoria Chico.

 

Entre 2016 e 2020 foi investigador en formación grazas ás axudas de Formación de Profesorado Universitario, polas que estivo contratado na Universidad Complutense de Madrid e na Universidade de Santiago de Compostela.

 

Actualmente a súa principal área de interese é a informática. Neste eido, tense formado en Humanidades Dixitais e no desenvolvemento de software. Nos últimos anos, creou diversas ferramentas web, como Medievalitis (2016-2020) e o portal da súa tese de doutoramento oslugaresdascantigas.gal e actualmente colabora no proxecto de edición dixital das Cantigas de Santa María dirixido por Elvira Fidalgo no Centro de Investigación Ramón Piñeiro, ao mesmo tempo que desenvolve a súa carreira como programador.