Dr. Manuel Negri

Profesor Axudante Doutor

Grupo Investigación: GI-1350 Románicas (Filoloxía, Literatura medieval)

Despacho: 111

Teléfono: +34 8818 11785

E-mail: m.negri@usc.es

Ligazóns: Horario de clases

CV | ORCIDAcademia.edu

 

Doutor Internacional cum laude en Estudos Medievais (USC) e Premio Extraordinario cunha tese sobre a representación dos santos nas Cantigas de Santa Maria (dir. Elvira Fidalgo Francisco). Anteriormente, cursou os seus estudos na Università degli Studi dei Padova (Italia): licenciado en Letras cun traballo sobre métrica provenzal, en 2012 completa o máster en Filoloxía Románica na mesma universidade cunha proposta de edición crítica do trobador Afonso Paez de Braga. Na actualidade, é Profesor Axudante Doutor.

 

En 2018 entrou como Investigador Posdoctoral na USC levando a cabo o proxecto Literatura de eixo Atlántico: as Cantigas de Santa María de ámbito galego e portugués, en colaboración co Centro de História da Sociedade e da Cultura da Universidade de Coimbra e do Centre for the Study of the Cantigas de Santa Maria da Universidade de Oxford. Baixo a dirección de Elvira Fidalgo Francisco colaborou tamén no Proxecto Internacional de I+D As Cantigas de Santa Maria: da edición á intepretación (Ref.: FFI2014-52710-P), financiado polo MINECO. Foi tamén Investigador Principal no proxecto autonómico Nomes propios nas Cantigas de Santa Maria: persoas e lugares. Creación dun dicionario en formato libro dixital e dunha base de datos na rede (Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral).

 

Os seus intereses principais de investigación teñen que ver coas fontes das cantigas marianas e cos nomes propios que aparecen nelas. Os resultados destas investigacións publicáronse en revistas de alto impacto e déronse tamén a coñecer en varios congresos internacionais. É, ademais, membro da Asociación Hispánica de Literatura Medieval (AHLM), da Sociedade de Estudos Medievais e Renacentistas (SEMYR) e da Sociedad Española de Filología Románica (SEFR).