Resultados
A Orquestra do Espazo de Cámara da USC rende homenaxe ao violoncellista Paul Tortelier con concertos en Lugo e Santiago
A formación dirixida por Mario Diz ofrecerá este luns 28 un concerto no Círculo das Artes de Lugo e repetirá actuación ao día seguinte na compostelá Igrexa da USC
USC, Concello e Diocese de Lugo colaboran na posta en valor do patrimonio cultural da cidade co proxecto ‘Muralla Dixital’
García Herradón, López Orozco e Mario Vázquez asinaron un convenio entre as tres entidades para captar, dixitalizar e documentar imaxes de bens eclesiásticos lugueses
Unha xornada de divulgación en Psicoloxía dará conta das particularidades do proxecto Talento 3.0
O proxecto propón un modelo de intervención propio para Galicia que pretende potenciar o talento nas aulas
O campus de Lugo amosa a súa oferta de estudos e servizos a 300 estudantes de ESO e BAC procedentes de once centros da provincia
O vicerreitor Pedro García Herradón abriu os ‘Encontros nos campus de Lugo 2014’ cunha recepción institucional no auditorio da Facultade de Veterinaria
A Escola Politécnica Superior de Lugo formou 155 enxeñeiros/as en Topografía nos dez anos de vida desta titulación única no SUG
O vicerreitor Pablo Ramil presidiu este xoves o acto institucional do décimo aniversario da implantación da titulación de Enxeñaría en Xeomática e Topografía na USC
O Foro Galego de Educación para a Igualdade abordará o estímulo do emprendemento dende a escola
Celébrase na Facultade de Ciencias Políticas e da Administración o venres 25 e o sábado 26
Investigadores da USC asocian o gas radon acumulado nas casas co cancro de esófago
Os municipios galegos con maior concentración nos domicilios tamén presentan maior mortalidade por esta enfermidade entre os varóns
Medicina celebrou a graduación da promoción 2008-2014
O reitor Juan Casares presidiu o acto no que se graduaron trescentos cincuenta alumnos e alumnas