Ir o contido principal

Axenda

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia

11.02.2022

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia
Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia

Coa declaración do 11 de febreiro como Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia, a ONU (2015) busca lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, ademais de procurar o seu apoderamento e a igualdade de xénero. Neste contexto, a USC promove ao longo da xornada do venres 11F e nos días a seguir unha serie de actividades acordes cos principios desta xornada reivindicativa.

 

Programa: Unha enxeñeira ou científica en cada cole (7ª edición) 

Obxectivo: visibilizar referentes femininos nas disciplinas coñecidas como CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) coa realización de obradoiros.  

Organiza: Oficina de Igualdade de Xénero, coa colaboración do concello de Santiago  

Dirixido a: alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria 

Modalidade virtual 

Máis información e inscrición: https://unhaencadacole.gal/ 


Xornada: Mulleres STEM do século XXI

Obxectivo: dar a coñecer o relevante papel das mulleres no mundo profesional, empresarial e académico vinculado coas disciplinas STEM; e outorgar visibilidade ao talento das mulleres nas disciplinas e contextos profesionais STEM en Galicia. 

Data e lugar: 11 de febreiro ás 9.30 horas, Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación (campus Vida)  

Promove: Proxecto de investigación ‘Aprendizaxe ao longo da vida nunha sociedade dixital: formación e recualificación para as novas profesións do mercado de traballo global’  

Dirixido a: alumnado da USC e público en xeral  

Programa

Inscrición previa: https://forms.office.com/r/8LKVcvQLYR 

Entregarase diploma acreditativo de asistencia 


Masterclass de Física de Partículas (3ª edición) 

Obxectivo: Promover o acceso e participación plena e equitativa das rapazas no ámbito científico. 

Organiza: Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) 

Dirixido a: alumnas de 1º de Bacharelato 

Data e lugar: 11 de febreiro na Facultade de Matemáticas e na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC 

Máis información

Inscripción previa: Formulario de inscrición  


Teatro:  Christiane. Un bio-musical científico 

Obxectivo: visibilizar referentes femininos que, co exemplo da investigadora Christiane Dosne Pasqualini, poidan servir de inspiración para a rapazada e contribuír a promover a ciencia como carreira profesional.  

Data e lugar: 11 Febreiro 2022, ás 10.00 horas e ás 12.00 horas, Biblioteca e Arquivo de Galicia, Auditorio Xosé Neira Vilas 

Organiza: IGFAE, CiMUS, CiQUS 

Dirixido a: alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato


Presentación: Proxecto 'Ciencia-me un cuento'

Obxectivo: crear referentes positivos que reforcen as vocacións femininas no eido da ciencia desde idades temperás 

Dirixido a: alumnado de primaria 

Organiza: Xuvenciencia e Agromar 

Data e lugar: 11 de febreiro no CEIP Paradai de Lugo


Coloquio: Como cambiamos cara a un planeta mellor?

Organiza: EqualSea Lab-CRETUS 

Data e lugar: 11 de febreiro, ás 12.45 horas, no IES Antonio Fraguas e  a través de Zoom 


Xornada: Ultra-Violetas. Os retos da Muller na Ciencia

Organiza: Grupo de Divulgación Científica USCOPTICA-USCEPS

Data e lugar: 11 de febreiro, ás 16.00 horas, Aula Magna da Facultade de Física e retransmitida en directo a través de Twitch

Programa


Exposición: '#SomosQuen: Científicas preto de TI'

Organiza: CiTIUS

Data e lugar: do 11 ao 17 de febreiro no Centro Comercial As Cancelas

Máis información


Exposición: Presenza das mulleres na ciencia: enxeñeiras en Galicia

Organiza: EPSE-Lugo

Data e lugar: do 11 de febreiro ao 8 de marzo na entrada do Pavillón III da EPSE


Obradoiro infantil:  Investigadoras contra os virus 

Organiza: Museo de Historia Natural da USC

Data e lugar: 12 de febreiro de 11.00 a 13.00 horas

Máis información

Formulario de reserva de praza

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.02.2022.