Ir o contido principal

Taller: Uso de calculadora programable

27.11.2025 | 12.00h-14.00h

Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Aula de Proxectos

Almudena Hospido Quintana (almudena.hospido@usc.es)
Darío Senín Sotelo no nome da Delegación do Estudantado da ETSE (etse.delegacion.estudantado@usc.gal)

Taller dirxido a todo o estudantado da ETSE

Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Escola Técnica Superior de Enxeñaría

Este curso práctico de dúas horas está dirixido a estudantes do grao en Enxeñaría Química que desexen sacar o máximo proveito da calculadora programable HP, unha ferramenta moi potente e versátil para a análise e resolución de problemas técnicos. Ao longo da sesión, mostrarase como utilizar as súas principais funcións aplicadas a situacións reais da enxeñaría: cálculo de derivadas e integrais, realización de cambios de variables, representación gráfica de funcións e datos experimentais, resolución de ecuacións e sistemas non lineais, así como o manexo de matrices e operacións avanzadas. O obxectivo é que o estudantado adquira soltura e confianza no uso desta calculadora, aprendendo métodos que lle permitirán aforrar tempo, reducir erros de cálculo e abordar exercicios complexos con maior eficiencia. O curso combinará explicacións breves con exemplos guiados e pequenas actividades prácticas para que cada participante poida probar as funcionalidades no momento. Trátase dunha oportunidade excelente para familiarizarse cunha ferramenta fundamental ao longo da carreira e para mellorar a capacidade de resolución de problemas nas materias de carácter científico e técnico.

Procedemento de inscrición en dous pasos: correo a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) indicando no asunto AP06_25 CalculadoraProgramable

Para o estudantado do GrEQ: Avaliarase a asistencia e o aproveitamento do/a estudante (40%) e a adquisición de coñecementos mediante un cuestionario de avaliación que se entregará ao inicio da evento ás persoas inscritas (60%) e que deberá ser remitido á almudena.hospido [at] usc.es (almudena[dot]hospido[at]usc[dot]es) no prazo de 24 horas dende o remate da mesma.

 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.11.2025.