Actualidade
A Cátedra de Cronicidade lanza unha nova edición do programa Higea baixo o lema ‘Conectámoste cos teus’
Este proxecto cuxa inscrición permanece aberta ata o 25 de xaneiro, permite que os pacientes ingresados con COVID-19 contacten coas súas familias de maneira periódica a través da implicación do voluntariado universitario
Ler máisFísicos e xeógrafos crean un factor de risco que identifica as localidades galegas máis vulnerables ante a COVID-19
Os resultados desta investigación da USC foron publicados este xoves na revista ‘Scientific Reports’ e poderían ser usados no deseño de políticas de prevención acaídas para conter a expansión do virus
Ler máisDeportes amplía o número de prazas dispoñibles nas actividades físico-deportivas dirixidas
A medida tómase a partir das últimas actualizacións da normativa sanitaria, se ben se manteñen certas limitacións derivadas das capacidades máximas permitidos en certos locais
Ler máisAs persoas supercontaxiadoras, “a forza motriz da pandemia” con independencia das variantes do virus da COVID-19
Os profesores da USC Antonio Salas e Federico Martinón explican no seu derradeiro artigo publicado en Trends in Genetics como as variantes do SARS-CoV-2 necesitan da acción de eventos de supercontaxio para lograr éxito epidemiolóxico, pois son estes, en gran medida, a verdadeira “gasolina” coa que “o incendio está garantido”
Ler máisSumo Valor, “unha alianza estratéxica” entre sociedade e Universidade que xa captou máis de 120.000 euros
O reitor Antonio López presidiu este mércores un encontro con representantes do tecido empresarial e social galego e no que se fixo balance deste programa de micromecenado que está a ser unha peza chave na loita contra a COVID-19
Ler máisA Unidade de Atención Psicolóxica da USC atendeu as solicitudes de preto de 200 persoas dende maio
A USC puxo en marcha este servizo gratuíto co obxectivo de prestar apoio ao seu alumnado con necesidades de atención psicolóxica por mor da COVID
Ler máis‘Mobilízate contra a COVID-19!’, unha campaña de recollida de material hixiénico para persoas en risco de exclusión
O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC lanza un chamamento a toda a comunidade universitaria para que doe ata o 26 de marzo kits hixiénicos integrados pon máscaras e xel sanitizante
Ler máisVixiar o SARS-CoV-2 a través da análise de augas residuais, outra das metas de Sumo Valor
A investigación financiada ao abeiro do programa de micromecenado da USC adquire unha gran relevancia á hora de coñecer como está a repercutir a vacinación na evolución da pandemia “porque aínda se descoñece se as persoas vacinadas transmiten a enfermidade”, explica o profesor Jesús López Romalde
Ler máisSumo Valor apoia a creación dunha vacina contra a COVID-19 fácil de producir e que non precise frío para a súa conservación
O programa de micromecenado da USC financia este proxecto liderado pola catedrática María José Alonso e baseado en nanopartículas que conteñen ARN mensaxeiro para que o organismo produza o antíxeno que dá lugar á resposta inmune
Ler máisEspazos virtuais creativos para unha docencia verde e sen fronteiras
O turismo sustentable, a experimentación virtual e a alfabetización dixital son os eidos nos que actúan os tres novos proxectos de investigación que Ciencias da Educación executará ao abeiro do Programa Erasmus+
Ler máisO SNL publica en liña un vocabulario con 125 termos esenciais sobre vacinas
Esta listaxe está integrada por rexistros relacionados co ámbito dos antíxenos, as súas tipoloxías e as campañas de inmunización
Ler máisPsicoloxía impulsa o ciclo de coloquios en liña ‘Unha ollada sobre a pandemia’
As sesións desenvolveranse os días 22, 23 e 24 de febreiro a partir das 19.30 horas e están organizadas conxuntamente co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Ler máisAs clases presenciais volven o 1 de marzo
“Seguimos as indicacións das autoridades sanitarias e adaptamos a nosa actividade aos escenarios que estas definen partindo sempre da base de que a presencialidade é esencial e o seu exercicio é o obxectivo prioritario”, explicou o reitor Antonio López nunha mensaxe dirixida a toda a comunidade universitaria
Ler máisUn grupo de Ciencias da Educación inicia o banco de recursos educativos ‘Educar en tempos de COVID’
O material creado axuda a comprender que é unha pandemia ou un virus, como afrontar o confinamento ou recursos de apoio para afrontar psicoloxicamente a inestabilidade da actual situación
Ler máis‘Sumo Valor’ dá pulo á análise da predición da pandemia
Científicos da USC co financiamento deste programa de micromecenado empregan diferentes estratexias, entre elas, a análise das redes sociais, para coñecer a actitude da cidadanía ante a crise sanitaria por mor da COVID-19
Ler máisCientíficos de Galicia e Portugal avalían o equilibrio entre reducir as taxas de contaxio pola COVID-19 e a reapertura das economías
O equipo de investigadores, en base ao estudo da evolución da pandemia no país veciño, desenvolveu un novo modelo matemático co que levar a cabo un “control eficaz da pandemia”
Ler máis“Responsabilizar a unha cepa do caos que estamos vivindo é unha enorme simplificación do algoritmo da pandemia”
Os profesores da USC Antonio Salas e Federico Martinón conclúen logo de analizar máis de 166.000 xenomas completos do SARS-CoV-2 que os super-contaxiadores seguen a ser o motor da crise sanitaria actual por mor da COVID-19
Ler máisA psicoxerontoloxía en tempos da COVID-19, a debate na USC
Un encontro virtual que se desenvolverá o vindeiro 18 de febreiro afondará na intervención psicolóxica tanto nas persoas a cargo dos coidados como nos maiores
Ler máisReitores, CIUG e Xunta suman esforzos para lograr unha ABAU segura
A Comisión traballa no borrador que recolle as normas de prevención sanitaria que rexerán nas probas de acceso á Universidade, e que seguirán a liña marcada xa o pasado ano
Ler máisAnatomía da primeira onda
Científicos da USC fixan niveis de alerta epidemiolóxica logo de analizar os 250.000 casos de COVID-19 diagnosticados entre febreiro e xuño de 2020, para concluír que “o confinamento podería ter chegado tarde nalgunhas provincias e noutras podería terse acortado”
Ler máisAs actividades de desconexión tiveron un efecto mínimo na saúde psicolóxica do alumnado durante o confinamento
Un equipo de investigadoras da USC constatou a través de preto dun milleiro de enquisas que a aceptación e a reformulación positiva da situación, xunto cunha saudable vida diaria, foron as mellores ferramentas para combater psicoloxicamente a primeira vaga da pandemia por mor da COVID-19
Ler máisUn novo modelo matemático con “efecto memoria”, clave para predicir a evolución da COVID-19 tendo en conta as mutacións
Científicos da USC, UVigo e Universidade de Aveiro acaban de publicar un estudo aplicado con éxito na análise da pandemia para os casos de Galicia, España, Portugal e Europa
Ler máisA actividade universitaria reducirá ao máximo a mobilidade para frear a COVID-19
A instrución da USC publicada este mércores adapta a actividade universitaria ás medidas decretadas pola Xunta e establece que as ensinanzas oficiais correspondentes ao segundo semestre comezarán o luns 8 de febreiro en modalidade non presencial
Ler máisA metodoloxía da USC para detectar SARS-CoV-2 en augas residuais está a ser aplicada en Abu Dabi
O equipo coordinado polo profesor emérito Juan Lema e que conta co apoio da plataforma de micromecenado ‘Sumo valor’, constatou que a concentración de ARN é máis elevada nos lodos que nas augas, proporcionando datos máis precisos e estables
Ler máisUnha opinión pública polarizada agudiza a curva ascendente da pandemia pola COVID-19
Científicos da USC deseñan unha metodoloxía que permite medir a través da análise da rede social Twitter, o estado da opinión pública e o seu grao de adhesión ás políticas para paliar a pandemia por mor do SARS-CoV-2
Ler máisO estudo do código de barras xenético do SARS-CoV-2 impide analizar a circulación de variantes actuais do virus
Unha investigación liderada polos profesores da USC Federico Martinón e Antonio Salas expón as limitacións do uso dos denominados barcodes ao non permitir o estudo dos patróns de diversidade do virus, dada a súa limitada resolución
Ler máisO alumnado voluntario contra a COVID-19 entrega preto de 200 kits hixiénicos a persoas en risco de exclusión
As persoas usuarias do Albergue Juan XXIII de Compostela recibiron por parte desta iniciativa impulsada dende o Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC, bolsas integradas por tres máscaras faciais e un bote de xel sanitizante
Ler máisUn equipo interdisciplinar de investigadores elabora mapas de risco da COVID-19 para coñecer como se propaga
Esta liña de investigación, que conta co apoio da liña do programa de micromecenado ‘Sumo Valor’ destinada a combater e paliar os efectos da pandemia na sociedade, permitirá combinar os datos do coronavirus cos doutras enfermidades como a gripe
Ler máisA USC amplía a súa loita contra a COVID-19
Catro investigacións exploran novos mecanismos de detección temperá do SARS-CoV-2, axentes antivirais e un proxecto de vacina
Ler máisA universidade galega traballará na reactivación do turismo en Galicia
No marco do Plan Director 2021-2023 ‘Galicia Destino Seguro’, a USC realizará diagnósticos e formulará propostas no eido do territorio para definir medidas estratéxicas e operativas que permitan superar a crise multidimensional provocada pola COVID-19, reactivando o sector turístico e reposicionando a Galicia como destino
Ler máisA pandemia, eixo central das VI Xornadas de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global
Catro sesións webminar que se desenvolverán os días 19, 20, 26 e 27 de novembro centran esta edición cuxo prazo de inscrición permanece aberto
Ler máisFinanciamento “estrutural e basal”, peza chave para a investigación
O reitor da USC Antonio López e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitaron este mércores o CiMUS para coñecer de primeira man o traballo investigador que se desenvolve neste centro con especial atención á loita contra a COVID-19
Ler máis‘Sumo Valor’ impulsa a creación de moléculas eficaces como vehículo de transporte dunha posible vacina contra a COVID-19
O programa de micromecenado da USC financia xunto ao Instituto de Saúde Carlos III a tecnoloxía rápida e económica que Javier Montenegro desenvolve no CiQUS
Ler máisWoman Emprende asesorará preto de 200 iniciativas empresariais de mulleres a través do programa Emega
A USC toma parte neste programa que busca fomentar o emprendemento feminino e impulsar medidas complementarias que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral
Ler máis“A contorna virtual fai que nos relacionemos dun xeito diferente”
As profesoras da USC Beatriz Cebreiro e Lorena Casal analizan as pautas precisas para sacar o maior rendemento posible da docencia en remoto
Ler máisCarlos Villanueva doa a ‘Sumo Valor’ a contía do XXIV Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia
No acto privado de doazón, Villanueva asegurou que non dubidou “á hora de decidir cara onde orientar a doazón” do galardón, pois toda a súa traxectoria académica estivo vencellada á USC
Ler máis‘Sumo Valor’ logra captar preto de 100.000 euros en menos dun ano
Esta iniciativa da USC destinou xa 60.000 euros a proxectos de investigación contra a COVID-19 xa que a innovación “fortalece a capacidade de resiliencia” da sociedade. As liñas de investigación sobre o coronavirus versan sobre diversos aspectos, entre eles, o desenvolvemento de vacinas
Ler máisOs pacientes con obesidade e fígado graxo con inflamación presentan un maior risco tras infectarse coa COVID-19
Nestes pacientes identifícase unha expresión significativamente elevada de ACE2, o receptor celular do SARS-CoV-2, e de Tmprss2, a proteasa que favorece a unión da membrana do virus coa membrana da célula
Ler máisAs axudas da USC por mor da COVID-19 incorporan unha liña para garantir a manutención do alumnado
Os bonos de comedor súmanse ás axudas convocadas para que os mozos e mozas dispoñan de conexión a internet suficiente, así como ao préstamo de material informático
Ler máisO CETUR coordina un curso de formación en novas tecnoloxías para empresarios turísticos en tempos da COVID-19
O curso desenvolverase durante cinco semanas, en horario de tarde, os xoves 22 e 29 de outubro, e 5, 12 e 19 de novembro de 2020
Ler máisA taxa de positivos por COVID-19 entre o alumnado do SUR é do 0,5%
As probas PCR efectuadas polo SERGAS identificaron un total de tres casos positivos na Residencia Universitaria do Burgo das Nacións e un único caso no Colexio Maior Fonseca. A administración sanitaria testou a 903 residentes o que supón unha adherencia do 83% ao chamamento
Ler máisFernando Lino Vázquez: “non se trata de renunciar á vida social, senón de reformulala”
O profesor da Facultade de Psicoloxía proporciona pautas para gozar da vida universitaria con hixiene mental en tempos da COVID-19
Ler máisAntonio López: “Con máscaras pero con voz, somos quen de saír adiante”
O reitor presidiu este venres no Colexio de Fonseca o acto de apertura do curso 2020/2021 na USC no que reivindicou o carácter presencial da docencia que se imparte na Universidade xa que este “é un elemento esencial do proceso formativo”
Ler máisA práctica totalidade dos casos de SARS-CoV-2 en España proceden de cinco liñaxes xenéticas
A investigación liderada polos profesores da USC Antonio Salas Ellacuriaga e Federico Martinón Torres conclúe que B3a é a primeira liñaxe do virus que entrou en España a través da cidade de Vitoria en torno ao 11 de febreiro de 2020
Ler máis“A distancia de seguridade é importante mantela sempre, levemos ou non levemos máscara”
O epidemiólogo e profesor da USC, Francisco Caamaño Isorna, analiza as principais medidas para comezar as clases respectando os protocolos de seguridade. A Universidade retoma a docencia o luns 21 de setembro a través dun réxime de presencialidade segura
Ler máisAberto ata o 28 de setembro o prazo para matricularse no programa ‘Voluntariado fronte á COVID-19’
Esta é unha proposta da USC para promover a maior sensibilización da comunidade universitaria de cara ao cumprimento dos protocolos de protección fronte á pandemia
Ler máisInvestigan o impacto da COVID-19 no Camiño de Santiago
O influxo da crise sanitaria na capacidade de carga turística do Camiño Francés, así como no perfil do peregrino, son dous dos estudos que a USC impulsa ao abeiro da súa Cátedra institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións, no marco da cal tamén se creará a base de datos de recursos académicos, científicos e didácticos ‘Rede Xacobea’
Ler máisQuímica computacional na loita contra a COVID-19
A investigación, dirixida por Rebeca García Fandiño no CIQUS, tamén desenvolveu unha app que permite navegar polas proteínas involucradas na infección por coronavirus en realidade virtual
Ler máisA Domus do Mitreo sortea a COVID-19 e suma xa máis de 1.000 visitantes trala súa reapertura en xuño
O turismo nacional representa máis do 70% das persoas que se achegaron ao xacemento mitraico e demais dependencias do museo universitario lugués
Ler máisA Ciencia con Galicia, na crise da covid-19
Científicas e científicos das tres universidades galegas elaboraron máis de 150 propostas de investigación na procura de solucións directas fronte a Covid-19. Nun acto celebrado no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, a Real Academia Galega de Ciencias premiou vinte destes proxectos de investigación (9 da USC, 7 da UVigo e 4 da UdC), financiados por diversas institucións
Ler máis“A utilización da máscara en todas as situacións, na medida en que visibiliza a pandemia, axuda a controlala”
O epidemiólogo e profesor da USC, Francisco Caamaño Isorna, analiza os riscos dos novos rebrotes así como as medidas máis eficientes para contelos
Ler máisA práctica libre no estadio de atletismo ábrese a maiores de 14 anos
A sala de acondicionamento físico, o muro de escalada, tiro con arco, así como a piscina, está previsto que abran ao inicio do vindeiro curso. As persoas que acudan ao estadio deberán adaptarse ás estritas medidas de seguridade definidas polo Servizo de Deportes por mor da crise da COVID-19
Ler máisA USC recibirá máis dun millón de euros da Xunta para facer fronte ao impacto da COVID-19
Estes fondos destinaranse a medidas sanitarias, formación e equipamento do persoal, mellora tecnolóxica das instalacións docentes, actualizacións e ampliacións das infraestruturas de soporte á docencia, actuacións sobre a fenda dixital e apoio a actuacións para docencia mixta
Ler máisA Biblioteca Universitaria permite o acceso en remoto aos recursos electrónicos aos que está subscrita
Esta iniciativa permitirá, polo de agora, o acceso a 12.000 títulos de revistas, máis de 51.000 títulos de libros electrónicos e 42 bases de datos, todos eles accesibles a través de reBUSCa e Pórtico
Ler máis‘Sumo Valor’ continúa captando fondos para obter unha vacina contra a COVID-19
No marco desta campaña de micromecenado impulsada pola USC, a empresa de vehículos especiais UROVESA acaba de achegar 20.000 euros ao proxecto de investigación liderado por José Martínez Costas no CiQUS
Ler máisA COVID-19 mellora a valoración do medio rural e dos alimentos sostibles
O proxecto ‘Somos que comemos?’, promovido ao abeiro do campus de verán XuvenCiencia en Rede, revela que as mulleres e as persoas de mediana idade son as que máis mudaron a súa percepción sobre o rural e a alimentación de proximidade logo do confinamento e da pandemia
Ler máisVixían 30 estacións de augas residuais repartidas por toda España na procura de material xenético do SARS-CoV-2
O equipo de traballo en Viroloxía Ambiental do grupo en Patoloxía da Acuicultura da USC toma parte nesta iniciativa financiada polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico
Ler máisUnha vacina marca USC
Os investigadores José Martínez Costas e Javier Montengro coordinan no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares dous dos proxectos de vacinas impulsados dende o Ministerio de Ciencia e Innovación. Alén da USC, tamén recibiron financiamento o CSIC, así como a Universidade Ramón Llul e a de Zaragoza.
Ler máisXuvenCiencia pescuda sobre a alimentación ecolóxica en Galicia
As investigadoras do Campus de Lugo Ruth Rodríguez e Marta López Alonso promoven a través do proxecto ‘Somos o que comemos?’, incluído no campus de verán XuvenCiencia en Rede, unha enquisa sobre alimentación de proximidade e medio rural
Ler máisA análise das augas residuais permitirá efectuar unha alerta temperá da COVID-19 en Galicia
O convenio asinado este luns por USC, Augas de Galicia e as empresas operadoras da auga estudará o papel das estacións depuradoras para anticipar protocolos de actuación fronte a hipotéticos rebrotes
Ler máisXuvenCiencia bota a andar un campus de verán con proxectos en rede
A vicerreitora da USC Montserrat Valcárcel inaugura a oitava edición dunha iniciativa educativa dirixida á mocidade preuniversitaria e cuxo programa rematará o 3 de xullo na Casa do Saber cunha charla interactiva e aberta ao público, a cargo de Óliver Laxe
Ler máisA USC afrontará o vindeiro curso con capacidade de adaptación as necesidades derivadas da COVID-19
As Directrices e Bases para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura permitirán á USC adaptarse a hipotéticas situacións derivadas da evolución de COVID-19 no futuro, garantindo o seu servizo á comunidade
Ler máisA Comisión para a Planificación Docente ultima as directrices para a docencia presencial segura
Ademais, o grupo traballa na definición de medidas adaptadas aos diferentes escenarios derivados da crise sanitaria: normalidade adaptada, distanciamento e peche de instalacións
Ler máisA ‘nova normalidade’ aséntase na USC
A Biblioteca Universitaria abre as súas salas de lectura a partir do 25 de xuño e o Servizo de Deportes xa permite o acceso ao pavillón polideportivo para a práctica de bádminton e tenis de mesa, así como os deportes ordinarios da instalación de forma individual e sen contacto, alén de manter aberta a inscrición nos seus Cursos de Verán
Ler máisAsentadas as bases para unha docencia presencial segura
O Consello de Goberno tamén aprobou a modificación do calendario académico, así como a convocatoria de prazas do SUR para o curso 2020-2021
Ler máis‘Na Bocanoite’ adapta a oferta de Lugo Cultural á nova normalidade
A programación cultural resultante da fusión das ‘Noites na Domus’ e ‘Lubicán’ traslada á terraza da Casa do Saber visitas virtuais musicadas ao xacemento e concertos ao aire libre nas noitiñas dos xoves desde o 25 de xuño ata o 30 de xullo
Ler máis'Sumo valor', peza chave para captar fondos contra a COVID-19
Empresas, institucións e particulares levan doado á USC preto de 12.000 euros en tan só dous meses a través desta campaña de micromecenado que permitirá avanzar en diferentes liñas de investigación sobre a pandemia
Ler máisReabre o estadio de atletismo
A través da páxina web do Servizo de Deportes xa se poden realizar reservas de uso. Os membros da comunidade universitaria da USC, así como atletas con licenza federativa maiores de 14 anos, poderán beneficiarse destas instalacións. É imprescindible estar rexistrado como persoa usuaria do Servizo de Deportes. Os atletas deberán adquirir o ‘Abono federados’
Ler máisAberto o prazo de inscrición para o Encontro Ibérico de Investigación e Educación en Emprendemento GEM-CEE
A presentación de resumos pode realizarse ata o 26 de xuño
Ler máisO turismo post COVID urxe unha axenda científica sobre o sector
Investigadores do Cetur da USC participan nun ensaio sobre o sector turístico en España, no que advirten de que a clave da saída da actual “situación sen precedentes” está “resposta política”
Ler máisReabre o servizo de consulta en sala da Biblioteca Xeral
O horario desenvolverase en quenda de mañá e tarde, accedendo dende a porta principal de Fonseca. É obrigatorio o uso de luvas e máscaras, e o aforo será reducido en base ás recomendación do Servizo de Prevención de Riscos da USC.
Ler máisECAI2020 atraerá na súa primeira edición dixital a miles de asistentes
Trátase do encontro científico máis importante de Europa sobre Intelixencia Artificial
Ler máisA Domus do Mitreo reabre ao público tras miles de visitas na web
O xacemento arqueolóxico e as ampliadas salas expositivas do museo universitario do Campus de Lugo abren este martes en horario habitual e coas limitacións de aforo establecidas polas autoridades sanitarias
Ler máisA un paso das probas preclínicas en animais para chegar á vacina contra a COVID-19
O grupo que dirixe o profesor da USC José Martínez Costas prevé que esta fase poda iniciarse no prazo dun ou dous meses para, a continuación, dar o salto aos ensaios clínicos
Ler máisO Verán CampUSC 2020 abre o seu prazo de inscrición o luns 8 de xuño
A actividade está dirixida a rapaces e rapazas de 4 a 17 anos que serán organizados en grupos reducidos nos que se fomentarán as actividades ao aire libre baixo estritas medidas de seguridade por mor da COVID-19
Ler máisXuvenCiencia lanza un Campus en Rede do 29 de xuño ao 3 de xullo
O alumnado de 4º de ESO e Bacharelato interesado en participar en calquera dos cinco proxectos colaborativos propostos pode inscribirse en liña desde o luns 8 de xuño na web de XuvenCiencia. Como novidade nesta edición excepcional, XuvenCiencia creará un Obradoiro de Medios
Ler máisO servizo de deportes traballa na apertura progresiva das súas instalacións
As pistas de tenis están abertas de luns a venres, de 10.00 a 22.00 horas
Ler máisAcabar coa fenda dixital
A USC impulsou a través do Fondo Supera COVID-19 un plan co que dotar de equipamento informático ao seu alumnado para garantir a equidade na actividade non presencial. Ademais, a USC cofinanciou o acceso á Rede do alumnado a través de tres convocatorias dotadas con 60.000 euros cada unha
Ler máisAs EDAR, un baluarte eficaz fronte ao SARS-CoV-2
Unha investigación desenvolvida polo profesor de Enxeñaría Química Juan M. Lema xunto con investigadores do Instituto CRETUS, Viaqua e Sergas, identifica os lodos como ‘reservorios’ de material vírico do SARS-CoV 2 e verifica a eficacia das EDAR para a súa eliminación
Ler máisAs novas axudas para cofinanciar internet solicitaranse ata o día 19
O período subvencionable abarcará dende o 16 de maio, ata o 15 de xuño
Ler máisBotan a andar as aulas con reforzo wifi
A USC pon a disposición do alumnado espazos específicos con acceso á Rede para que poidan realizar as súas probas de avaliación, concretamente na Sala Norvet da Facultade de Veterinaria de Lugo e a Sala de Lectura da Facultade de Dereito de Santiago
Ler máisGalicia, Canarias e Andalucía, destinos predilectos este verán dos turistas españois
Unha investigación realizou enquisas en todo o territorio, a partir dunha pregunta inicial: planificou algunha viaxe para os próximos meses?
Ler máisUnha Universidade en condicións de máxima seguridade
O Grupo de Traballo para a Seguridade Sanitaria reuniuse este xoves coa intención de definir como será a actividade da USC no contexto presencial da nova normalidade, pero tamén no caso de ter que adaptarse a circunstancias de semi confinamento ou de confinamento total
Ler máisD3Mobile senta cátedra durante o confinamento
O campionato científico internacional de modelado 3D promovido polo grupo Cigeo da EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo sortea a pandemia da COVID-19 con récord de participantes finalistas e co recoñecemento explícito da Universidade de Florencia cara ao seu modelo educativo, que cualifica de “perfecto”
Ler máisO alumnado universitario poderá botar man da Rede CeMIT para acceder á avaliación en liña
As tres universidades galegas acaban de asinar un convenio coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) xunto coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)
Ler máisA Biblioteca Universitaria reabre o seu servizo de préstamo a domicilio mediante cita previa
As solicitudes realizaranse a través dunha papeleta electrónica e só poderán recoller ou devolver libros os membros da comunidade universitaria da USC. O prazo de devolución das obras retiradas será, nun principio, de 30 días, pero faranse renovacións automáticas mentres sexa necesario
Ler máisCara a un Plan de impulso das competencias dixitais como apoio á docencia presencial
"É este un momento para exercer, con maior intensidade ca nunca, a autonomía universitaria que nos compete", explicou este martes o reitor Antonio López
Ler máisEntre un terzo e a metade dos contaxios por COVID-19 están relacionados con ‘súper-contaxiadores’
Unha investigación liderada por Antonio Salas e Federico Martinón, sitúa a orixe evolutiva máis recente de todas as cepas actuais de COVID-19, “non antes de novembro de 2019”
Ler máisO alumnado poderá viaxar entre as provincias galegas para recoller as súas pertenzas nas residencias universitarias e nos pisos de aluguer
No marco da comunidade galega, o alumnado que necesite desprazarse entre algunha das catro provincias precisará dun xustificante persoal e intransferible expedido pola Universidade e válido para un único día
Ler máisA USC traballa nun Plan de Actuación para o vindeiro curso
O documento servirá para facer fronte a posibles eventualidades e desenvolver en condicións axeitadas a docencia
Ler máisAnsiedade e depresión, impacto do confinamento entre os universitarios
Os resultados do estudo COnVIDa-20 apuntan que a saúde mental de dous de cada tres universitarios de Galicia empeorou por mor dos efectos da pandemia e advirten de que un 17% dos casos pode ser grave
Ler máisA Unidade de Asesoramento de Probas Telemáticas dará soporte na avaliación
Esta iniciativa súmase ao programa de préstamo de material informático e ás axudas para sufragar a conexión á Rede
Ler máisOs reitores das últimas catro décadas da USC analizan os desafíos inmediatos do ensino superior
Convidados polo reitor Antonio López, este destacou a capacidade de adaptación da USC na actual situación e a necesidade de afrontar de inmediato retos inéditos na historia da universidade compostelá
Ler máisIncerteza e preocupación polo emprego, principais inquedanzas empresariais pola COVID-19
A Red GEM constata no informe ‘A situación do empremento en Galicia diante da COVID-19’, coordinado pola profesora da USC Isabel Neira Gómez, o impacto negativo da crise na actividade empresarial
Ler máisXeógrafos realizarán unha cartografía de risco da COVID-19 nos espazos urbanos e rurais de Galicia
O convenio de colaboración firmado con GAIN e que ascende a máis de 71.000 euros permitirá analizar o comportamento espacial de propagación do virus, baixo a coordinación do profesor da USC Ángel Miramontes
Ler máisNa procura dun desconfinamento máis seguro
O profesor da USC e epidemiólogo Francisco Caamaño analiza cales deben ser as medidas de seguridade necesarias á hora de retomar a actividade laboral presencial. Unha das recomendacións á hora de compartir espazo con outras persoas pasa por ter moito coidado nos diferentes accesos ao espazo de traballo
Ler máisO estudo 'Predico' anticipará a expansión e a incidencia da COVID-19
O Instituto de Salud Carlos III acaba de outorgar financiamento a esta investigación coordinada polo catedrático do Departamento de Física Aplicada da USC Jorge Mira e na que participan investigadores das universidades de Vigo, Aveiro e do CSIC
Ler máisMaría José Alonso lidera un proxecto da USC para desenvolver unha vacina contra a COVID-19 baseada en ARNm
O consorcio internacional traballará nunha “alternativa prometedora fronte vacinas convencionais polo seu gran potencial, rápido desenvolvemento, fabricación a baixo coste e administración segura”
Ler máisA Universidade impulsa un programa de préstamo de material informático e de conexión a servizos de Rede
Esta iniciativa pretende favorecer o desenvolvemento da docencia non presencial con motivo da crise sanitaria pola COVID-19 no presente ano académico
Ler máisCara á reactivación da actividade administrativa e investigadora presencial
A resolución reitoral que acaba de aprobarse deseña unha transición que garanta unha adecuada conciliación familiar e persoal, así como a protección dos colectivos especialmente sensibles
Ler máisXuvenCiencia habilita un blog como plataforma didáctica e de divulgación
O grupo de innovación do Campus de Lugo elabora entradas multimedia para docentes e estudantes de secundaria nas que se analiza a COVID-19 desde as áreas da Xenética, Microbioloxía, Estatística ou Epidemioloxía. As persoas interesadas poden suscribirse a un boletín de novas
Ler máisUnha comisión interdisciplinar preparará o próximo curso universitario
A través do plan integral de reforzo á docencia que abordará este grupo de traballo podería promoverse o cambio á docencia mixta ou 'blended learning' para un conxunto de centros, o que suporía a modificación estrutural das metodoloxías docentes, da formación do profesorado ou a potenciación definitiva das avaliacións continuas, entre outros temas
Ler máisA USC traza un plan para pór a disposición do alumnado espazos en toda Galicia de cara ao período de avaliación
Esta iniciativa súmase ás axudas de co financiamento dos custes de acceso a internet e a unha próxima convocatoria para o préstamo de equipamento informático
Ler máisUn estudo aborda o vínculo das parellas separadas con fillos durante o confinamento
Este traballo, a través do cal xa se levan realizado 600 enquisas a proxenitores e profesionais, está a ser desenvolvido xunto a investigadores da UVigo, Universidade de Barcelona, Colegio Mexicano de Profesionistas de la Psicología, así como diferentes asociacións
Ler máisPreparan vectores peptídicos para o transporte de ARN mensaxeiro de potencial aplicación en vacinas fronte COVID-19
O Instituto de Salud Carlos III financia con máis de 126.000 euros ao grupo de investigación de Javier Montenegro no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade
Ler máisO CiMUS, centro autorizado para a realización de probas PCR
O Centro de Investigación Singular en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC permanece a disposición da Xunta de Galicia, logo de que o que Instituto de Saúde Carlos III acreditara que cumpre os requirimentos esixidos polo Ministerio de Sanidade
Ler máisOrientación Laboral ofrece asesoramento por videoconferencia
Este servizo da USC continúa desenvolvendo a súa actividade habitual de modo telemático solicitando cita a través de enderezo electrónico. "Ademais estamos preparando unha serie de videopresentacións sobre programas de prácticas que iremos publicando proximamente", engaden dende a área
Ler máisAlumnado de Educación Infantil achega recursos educativos de balde e en liña para os máis pequenos da casa
Os vídeos están agrupados baixo o cancelo #NósXogamosNaCasa e xa superaron as 13.000 visualizacións en YouTube
Ler máisO impacto psicolóxico do confinamento no alumnado, a estudo en ConVIDa-20
A enquisa en liña promovida polos grupos de investigación Procesos Cognitivos e Conduta e Underisk da Facultade de Psicoloxía da USC axudará a comprender os desafíos psicolóxicos e sociais aos que se enfronta este colectivo da poboación
Ler máisNace o grupo virtual 'Lectura crítica no tempo da COVID-19'
A primeira sesión desenvolverase o 3 de xuño ás 18.00 horas a través de Microsoft Teams e as inscricións poden realizarse no enderezo electrónico cesar.dominguez@usc.es. A cada sesión de lectura poderá acceder un máximo de 20 persoas para asegurar, deste xeito, unha participación fluída.
Ler máisMedicina Xenómica coordinará un estudo internacional sobre determinantes xenéticos da COVID-19
O Instituto de Saúde Carlos IIII (ISCIII) financiará a este consorcio do que forman parte máis de vinte hospitais, así como grupos de investigación de alto nivel, e que estárá dirixido polo catedrático da USC Anxo Carracedo
Ler máisO Campus Virtual supera un ataque informático deliberado
Asegurado o seu correcto funcionamento logo dun ataque nas últimas horas, cuxos autores foron identificados. A USC fai un chamamento á responsabilidade da súa comunidade que de xeito maioritario se conecta con normalidade á plataforma dixital e desenvolve a súa actividade con absoluta responsabilidade.
Ler máisModelos matemáticos preverán os recursos necesarios contra a COVID-19
A Fundação para a Ciência e Tecnologia de Portugal acaba de financiar un proxecto no que investigadores da USC, UVigo e Universidade de Aveiro pretenden optimizar o impacto das medidas de prevención e tratamento na redución da mortalidade
Ler máisNovas axudas para o desenvolvemento da docencia virtual
Poderán solicitarse ata o 15 de maio. Dende o inicio da crise pola COVID-19, esta é a segunda convocatoria dunha iniciativa da Universidade da que xa se beneficiaron preto de 800 persoas
Ler máisObradoiros para os máis pequenos da casa
O Museo de Historia Natural impulsa durante o confinamento talleres nos que os nenos e nenas poden facer actividades manuais dende o fogar
Ler máisA avaliación na USC será flexible, igualitaria e, preferentemente, sen exames
O Consello de Goberno aprobou o acordo polo que se regula o réxime especial da avaliación do curso 2019-2020 e deu tamén luz verde á oferta de prazas en grao, mestrado e doutoramento para o vindeiro ano académico
Ler máisA Biblioteca Universitaria escolma recursos para a elaboración de traballos de investigación
A BUSC facilita a actividade do alumnado a través de listaxes con material ao que se pode acceder de balde en en liña
Ler máisFormación do Profesorado analiza os hábitos lúdicos familiares durante o confinamento
A docente e investigadora da Facultade de Formación do Profesorado Silvia López-Gómez coordina xunto co seu colega da Universidade de Navarra Apolinar Varela lanzan un cuestionario en liña sobre o xogo infantil nos fogares durante o estado de alarma
A USC participa nun foro internacional sobre a saúde do planeta
O profesor Sebastián Villasante representa a España no Grupo de Avaliación dos Cambios Transformadores da Plataforma Internacional de Biodiversidade e Servizos Ecosistémicos e reflexionarán sobre as consecuencias sociais dos cambios para os seres humanos
Ler máisOs efectos económicos do coronavirus, a debate na USC
O catedrático de Economía da Universidade de Sevilla Juan Torres imparte este mércores 22 ás 17.00 horas unha conferencia en liña organizada polo Máster Dein
Ler máisA USC habilita a defensa en liña de teses de doutoramento
As dúas primeiras investigacións doutorais presentadas de xeito telemático na USC acadaron a máxima cualificación académica e congregaron numeroso público en rede
Ler máisVisita virtual pola mostra 'Epidemias nun mundo conectado'
O Museo de Historia Natural da USC permite o acceso en liña a esta exposición que explica como os factores humanos, animais e ambientais contribúen á expansión dos brotes epidémicos nun mundo globalizado
Ler máisPhotonics4Life participa na creación de cofres para esterilizar máscaras faciais
A caracterización dosimétrica desenvolvida polo grupo de investigación é chave para que o material de uso sanitario poda ser reutilizado
Ler máisRecursos multidisplinares para a docencia en remoto
A Biblioteca Universitaria recompila ligazóns que doten ao alumnado de contidos transversais aos que poder acceder de balde e en liña
Ler máisConfía-20, un test sobre os efectos do confinamento na familia e na infancia
O grupo Underisk da Facultade de Psicoloxía da USC desenvolve en liña un cuestionario dirixido a familias con nenos e nenas de entre 4 e 11 anos para coñecer o impacto e os desafíos da situación excepcional provocada pola COVID-19
Ler máisMicromecenado para "acelerar" a investigación contra a COVID-19
A plataforma da USC 'Sumo Valor' capta fondos para avanzar na detección do virus, na elaboración de vacinas, na análise dos impactos económicos, na modelización da pandemia e nos estudos epidemiolóxicos
Ler máisA xestión da crise xerada polo coronavirus, a debate na USC
Antón Losada participa este xoves como relator no ciclo de videconferencias arredor da COVID-19 promovido pola USC a través do Campus da Cidadanía e que está a congregar en liña a centenares de persoas
Ler máis"Comeza a verse a luz ao final do túnel"
Un equipo de investigadores das universidades de Santiago, Vigo, Aveiro e do CSIC, suxire empregar unha metodoloxía semellante á das enquisas electorais para determinar o alcance real da pandemia
Ler máisA importancia da distancia social e do "correcto e sistemático" lavado de mans
Francisco Caamaño Isorna insiste en que con independencia do uso de luvas e máscaras faciais, deben manterse as medidas de hixiene e a separación de dous metros entre as persoas
Ler máisA USC achega unha visión multidisciplinar da COVID-19
O catedrático de Medicina e Saúde Pública Juan Gestal abre este martes, ás 18.00 horas, un ciclo de videoconferencias promovido polo Campus da Cidadanía da USC e no que diversos expertos abordarán o virus causante da pandemia desde distintas ópticas
Ler máisA ciencia planta cara a COVID-19
Equipos do CIQUS e do CIMUS traballan na definición de diversas liñas de investigación sobre a prevención futura da enfermidade a través de vacinas; o desenvolvemento de novas formas de diagnose; así como de novas terapias e a optimización da súa administración
Ler máisÁ procura dunha vacina fronte COVID-19
O Instituto de Saúde Carlos III acaba de conceder financiamento á proposta liderada por José Martínez Costas, do CIQUS, cuxo grupo ten patentada unha metodoloxía que permite producir vacinas contra calquera patóxeno nunha marxe moi reducida de tempo e a baixo custe
Ler máisEstudos preclínicos buscan fármacos contra o coronavirus baseados en ARNm
Neste estudo, o equipo de María Jose Alonso encárgase do desenvolvemento de "vehículos" (que simulan virus artificiais) para a protección e transporte do RNAm á célula diana
Ler máisAvaliacións flexibles e adaptadas ás circunstancias excepcionais por mor da crise da Covid-19
A Universidade acaba de aprobar unha resolución reitoral que busca acadar unha organización académica e temporalización das actividades a realizar que sexa respectuosa coas cargas de traballo do alumnado
Ler máisCiencias, do laboratorio á casa
A Biblioteca Universitaria continúa elaborando listaxes con fontes de información para que o alumnado dispoña de recursos en liña e de balde cos que complementar as clases en remoto. Novamente o servizo de préstamos de libros electrónicos Prelo debe ser unha das primeiras fontes a consultar polo alumnado.
Ler máisO curso universitario 19/20 rematará sen clases presenciais
Os tres reitores das universidades galegas manterán un novo encontro a fins de abril no que definirán un sistema de avaliación flexible e adaptado ás circunstancias "tan especiais deste cuadrimestre"
Ler máisInvestigar en Artes e Humanidades, tamén dende a casa
A Biblioteca Universitaria continúa escolmando recursos en liña para favorecer a docencia en remoto do alumnado. A plataforma de préstamo de libros electrónicos Prelo segue a ser, xunto co repositorio institucional Minerva, unha das principais fontes de información.
Ler máisA USC exporta o 'know how' da produción de xel sanitizante destinado a abastecer a sanidade pública
Distintas institucións españolas xunto coas universidades de Verona, Surrey, Edimburgo e Católica de Perú xa se amosaron interesadas por esta iniciativa
Ler máisUnha app interactiva anticipa a posible evolución do COVID-19
A ferramenta web, desenvolvida por investigadores do grupo MODESTYA da USC, prognostica o avance do virus baseándose nos datos da súa evolución durante a quincena previa, e fai a predición para un horizonte temporal de tres días conforme a tres posibles modelos de comportamento
Ler máisA BUSC selecciona fontes de información solventes no eido das Ciencias Sociais e Xurídicas
A Biblioteca Universitaria escolma recursos en liña para favorecer a docencia en remoto durante o confinamento
Ler máisNovas estratexias para encarar o confinamento
Os profesores do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC, Fernando Vázquez e Emilio Gutiérrez, propoñen pautas para unha mellor xestión emocional no marco da crise do Covid-19
Ler máisIniciativas universitarias con dimensión solidaria
Os alumnos da EPS de Enxeñaría de Lugo Yasmina Vázquez e Lucas Campillo participan como voluntarios no proxecto Coronavirus Makers Galicia, ao que XuvenCiencia achega recursos materiais para a impresión en 3D de 250 viseiras de protección
Ler máisA Biblioteca Universitaria escolma recursos en liña e de balde no eido da Biomedicina
A BUSC elaborará durante o estado de alarma listaxes con fontes de información solventes en todas as áreas de coñecemento para favorecer a docencia en remoto
Ler máisA USC crea unha Oficina Virtual de Atención
Este servizo que se manterá activo durante o estado de alarma está estruturado en catro áreas dirixidas a Estudantes, Investigación, Persoal e Asuntos Xerais
Ler máisA USC cofinanciará o acceso a internet do seu alumnado
Dirixido a alumnado de titulacións oficiais de grao e mestrado, a medida busca asegurar o seu acceso ao contido do Campus Virtual e demais ferramentas didácticas necesarias para a súa actividade académica e poderá solicitarse dende o luns 30
Ler máisA seguridade pasa pola hixiene
Os profesores da USC Juan Gestal e Francisco Caamaño analizan as precaucións que deben tomarse nas saídas indispensables que se realicen durante o estado de alarma
Ler máisA mellor cultura, dende a casa e de balde
A USC crea unha axenda cultural virtual que permite o acceso a museos, ópera ou cinema
Ler máisQuedar na casa marca a diferenza
Unha persoa pode transmitir o COVID- 19 a unha media de 2,5 persoas, polo que o confinamento é esencial para frear a curva de contaxio
Ler máisA USC estende a súa achega solidaria contra o Covid-19 ata Madrid
O Rof Codina cede a Sanidade oito respiradores e un ventilador de UCI para o seu traslado ao hospital de emerxencia levantado no Ifema e as facultades do campus de Lugo achegan unha nova remesa de material hixiénico e de protección ao Sergas
Ler máisActividade física, a receita para un confinamento activo
O Servizo de Deportes da USC recolle nunha guía recomendacións que permiten gozar dos múltiples beneficios saudables que reporta a actividade física sen saír do fogar
Ler máisA pegada das epidemias na Historia
Os profesores da USC Fernando Julio Ponte Hernando e Ofelia Rey Castelao analizan o impacto das epidemias na humanidade e de que xeito estas contribuíron a fomentar avances científicos
Ler máisA USC impulsa unha liña de axudas para garantir o acceso a Internet de todo o seu alumnado
A Universidade aproba a suspensión do cobro das cotas a todos os residentes do SUR e usuarios do resto de servizos mentres dure esta situación excepcional de suspensión da actividade docente presencial
Ler máisGuía práctica para convivir co coronavirus
Os profesores da USC Isabel Bandín Matos e Carlos Pereira Dopazo analizan a supervivencia do virus en diferentes superficies
Ler máisA USC comeza a producir máscaras de protección para o persoal sanitario
A Universidade emprega a técnica de impresión 3D para axudar a facer fronte á crise global provocada polo brote de coronavirus
Ler máisA Universidade, ao servizo da sociedade
A USC inicia a produción de xel desinfectante, achega ao Sergas equipos de protección individual e outro material dispoñible nos laboratorios e centros de investigación e ofrece para uso sanitario residencias universitarias de Santiago e Lugo
Ler máisUnha organización eficiente
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da USC recomenda manter unha xornada cun horario preciso e con recesos curtos e frecuentes
Ler máisComo crear un espazo de traballo saudable
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da USC proporciona pautas para protexer a saúde ao tempo que se desenvolve o teletraballo
Ler máisA BUSC, en liña
A Biblioteca Universitaria da USC mantén actividade en liña coa achega de recursos dixitais, servizos e cursos ás persoas usuarias
Ler máis"Toda crise é unha oportunidade de crecemento"
O profesor do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC, Fernando Vázquez, facilita pautas para xestionar o impacto do illamento na vida cotiá
Ler máisA conectividade permite manter as aulas activas alén do Covid-19
A USC triplica a capacidade do seu Campus Virtual e implementa novas ferramentas e aplicacións que permiten continuar coa actividade académica de xeito non presencial
USC en liña
A Resolución de Protocolos de Actuación na USC durante o Estado de Alarma regula unha serie de medidas para protexer o seu persoal e o desenvolvemento da actividade non presencial
Ler máisRecomendacións fronte ao COVID-19 dentro do fogar
Malia non saír á rúa, dentro dos domicilios deben manterse as medidas de hixiene recomendadas polas autoridades sanitarias
Ler máisA USC pecha as súas instalacións
As medidas seguen as directrices e recomendacións emitidas polo Goberno e as autoridades con competencia sanitaria. Reducindo a actividade presencial búscase romper a cadea de transmisión do virus.
Ler máis"Debemos ser responsables e manter distancia social"
Entrevista con Francisco Caamaño Isorna, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC e director do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Ler máisSuspensión de actividades na USC
Por resolución reitoral, a institución adopta unha serie de medidas preventivas e organizativas orientadas a conter a expansión do COVID-19 en base ás indicacións das autoridades sanitarias
Ler máisSuspéndese a actividade docente presencial
Publicada a nova resolución reitoral
Ler máisSuprimidas as prácticas en centros sanitarios de Galicia
A USC habilita novas canles de comunicación para responder ás cuestións da comunidade universitaria a respecto do COVID-19
Ler máisRecomendacións oficiais para facer fronte ao coronavirus
Un Comité de Seguimento presidido polo reitor reunirase a vindeira semana co obxectivo de xestionar unha liña de comunicación permanente coas autoridades
Ler máisA USC crea o Comité de Seguimento específico para o caso do COVID-19
A comunicación permanente e coordinación coas autoridades con competencias sanitarias son esenciais para a Universidade
Ler máisComunicado da USC con respecto ao COVID-19
O obxectivo primeiro da USC é o de garantir a seguridade do alumnado e persoal que se atopa realizando unha estadía en mobilidade
Ler máis